blogue deadmin

ADMISIÓN E MATRÍCULA DO ALUMNADO. Restablecemento do prazo para a presentación das solicitudes.

ADMISIÓN

Prazo para a presentación de solicitudes de admisión: DENDE O DÍA 11 AO DÍA 18 DE MAIO

Debido á actual situación de emerxencia sanitaria, será necesario poñerse en contacto previamente co centro, para presentar as solicitudes de admisión.

Teléfonos de contacto: 886151760 e 643901639

Correo electrónico: ceip.cerdeirinhas@edu.xunta.gal

Non se atenderá a ningunha persoa que non se puxera previamente en contacto co centro para solicitar a presentación da documentación.

 Acceso á documentación (Prema aquí para acceder)

De conformidade co artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os demais prazos do procedemento de admisión reduciranse á metade.

Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.

Publicación das cualificacións da segunda avaliación

Estimados pais/nais/titores:

O vindeiro xoves a partir das 14:00 h poderán consultar a través da aplicación ABALAR, as cualificacións dos seus fillos/as, relativas ao segundo trimestre do presente curso.

Aquelas familias que por motivos xustificados non poidan consultalas na aplicación, poderán solicitalas a través do correo electónico: ceip.cerdeirinhas@edu.xunta.gal ou no teléfono 886151760.

 

A dirección.

Ligazóns aos cursos.

ACCESO ÁS ACTIVIDADES DE CADA CURSO. Preme aquí.

 

A TRAVÉS DAS IMAXES QUE APARECEN A CONTINUACIÓN, PODEREDES ACCEDER ÁS ACTIVIDADES PROPOSTAS POR CADA TITOR PARA O SEU GRUPO-AULA. PREMEDE NA IMAXE DO CURSO PARA ACCEDER

Tamén podedes entrar nos libros do voso curso a través da icona con libros. Debedes premer sobre a imaxe do libro que desexes (dúas veces) para entrar.

                        

MATRÍCULA 2020-2021

CURSO 2020-2021

 - SUSPENDIDO - CALENDARIO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA

 

 Xornada de portas abertas: 12 de marzo (a partir das 11:00 h).

A primeira quincena de xuño haberá otra xornada de portas abertas

 

PRAZOS

RESERVA DE PRAZA

As reservas deberanse presentar no centro no que actualmente está escolarizado a alumna ou o alumno, ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro.

PUBLICACIÓN DOS POSTOS ESCOLARES VACANTES PARA E. INFANTIL E E. PRIMARIA

  • Antes do 1 de Marzo (Consultar anexo)

SOLICITUDES DE ADMISIÓN DO NOVO ALUMNADO

MATRÍCULA PARA O CURSO 2014-2015

Do 1 ao 20 de marzo poderedes reservar praza no noso centro para o vindeiro curso. Este proceso de admisión está regulado polo Decreto 254/2012, do 13 de decembro e desenvolvido pola Orde do 12 de marzo de 2013(DOG de 15 de marzo do 2013). Nos arquivosadxuntos podedes ver toda a información.

AS CONTAS DA CASA NON DITAN COAS DA FEIRA

Xa está aquí!!!

Por fin poderemos ver na gran pantalla a nosa obra.

Deixámosvos o trailer para ir abrindo boca...

sentímolo, flash non está dispoñible.

O ZUME DE UVA

As e os máis peques do cole queriamos saber como se fai o viño... pero quedámonos só no zume de uva!!

Seica somos aínda moi pequenos :-)

OS MEDIOS DE TRANPORTE

Este ano dende a biblioteca do noso cole imos levar a cabo un PDI (proxecto Documental Integrado) sobre os mecdios de transporte.

Xa empezamos a decorar a biblio , o cole ... Mirade que ben está quedando

Os nenos de Infantil estudamos o Universo

Este curso quixemos traballar algo diferente. Tiñamos curiosidade por saber que había no Universo.

Buscamos información en libros e decidimos ir facendo un mural sobre o sistema solar.

Celebración do Día da Paz no CEIP Cerdeiriñas

Aquí vos presentamos unha pequena mostra das actividades que fixemos no colexio para celebrar o 

Powered by Drupal - Design by artinet