Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Contacto
Educación infantil
PDI "PINGAS DE CIENCIA" O AIRE
E para rematar o noso proxecto sobre o Aire estivemos investigando sobre os tipos de transportes aéreos, trouxeron da casa avións de papel cos que fixemos una exhibición de voo, tamén coa axuda das familias trouxeron a aula maquetas do aire , fixemos os nosos propios molinos de vento, asistimos a unha clase cun profesor de parapente y por último montamos unha manga de vento no cole.
Encantounos este proxecto ¡Qué ben o pasamos!
AMBIENTE VERBAS (MARZO)
Velaquí algunhas das propostas que, ao longo do mes de marzo, ocuparon o noso tempo no ambiente de verbas.
Traballamos a motricidade fina con actividades onde tiñan que cortar coa pinza dos dedos para facer un verme, a grafomotricidade seguindo determinados patróns, clasificamos distintos tipos de letras, formamos palabras dependendo da imaxe que nos tocara, traballamos con habas e arroz, encántanos contar contos na biblioteca, aprendimos a poñerlles os cueiros as nosas e nosos bebés, montamos unha perruquería nun chiscar de ollos, e sempre, recollemos todo ao rematar ¡Queda todo ben limpiño!.
PARABÉNS JULIA!
¡PARABÉNS JULIA!
Neste mes de abril, Julia é a primeira en cumplir anos. 4 voltas ao sol nas que cambiou moito ¡Qué maior eres xa, Julia!
Hoxe foi un día xenial, disfrutamos moito do teu cumple e da ilusión que tiñas dende primeira hora da mañá.
Grazas polos regaliños. Nos tiñamos para tí un abrazo xigante.
Moitísimos bicos Julia.
UN MAR DE PALABRAS (1 ABRIL)
Esta semana levamos a cabo taller de Un mar de palabras. Para a súa posta en marcha contamos coa participación de Chechu o pai de Aitor, María a avoa de Martiño, Julia a nai de Adrián e Laura a nai de Carmen S. Por grupos van pasando por cada proposta onde un dos nosos familiares estaban a esperalos para comezar a xogar. Busca algún obxecto que comece pola mesma letra que nos, pesca os peixes que conteñan a letra da carta ue levantache sen mirar, mete a man na bolsa, saca unha letra e leva o noso robot Doc hasta a foto da compañeira/o que comeza por esa letra e por último fixemos un puzzle coa nosa foto y por último tiñamos que pegar as letras do noso nome.
Grazas familias, sen vós está actividade non sería posible!
MAR DE PALABRAS (18 MARZO)
¡Comezamos os talleres coas familias!
Que gañas tiñamos recibir na aula os nosos familiares e poder compartir e facelos partícipes do noso día a día e das nosos aprendizaxes.
sen dúbida é moi emocionante cando alguén do noso entorno ven a aula, participa, xoga e se integra no noso grupo, ou mas ben, no noso EQUIPO.
Este venres comezamos co taller de “Un mar de palabras” polo que as propostas de actividade centráronse na lectoescritura. Pescamos letras, facemos en area as grafias, poñemos enriba das letras lixa a foto de cada un de nos e formamos o noso nome con distintos tipos de letras. E Alejandra a nai de Julieta, Agustín o avó de Mara, Jessica a mamá de Lara F e Carolina a mamá de Aitor foron os encargados e encargadas de guialas.
Moitas grazas familias. Estamos desexando que voltedes!!
VISITA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL E EXPOSICIÓN DE PINTURA
En compañía dos demais compañeiras e compañeiros de infantil fomos visitar a exposición “Un cordero bala entre dos montañas” de Sofía Piñeiro. Unhas pinturas que nos gustaron moito; coloridas, fermosas e cheas de significado. Logo de que a artista nos explicase un pouquiño como fixo as obras e o que quixo recoller nelas, animámonos a escoller a que máis nos gustou ou chamou a atención para representala. Mentres a plasmabamos no papel, tivemos a sorte de que Sofía nos dese algúns consellos que, as artistas coma ela, teñen moi presentes á hora de facer as súas creacións.
EXHIBICIÓN DE VOO
O alumnado de educación infantil realizou unha exhibición de voo no patio do centro. Nela comprobaron o bo funcionamento dos seus avións.
TALLER DE COLARES PARA TAPABOCAS
O xoves 24 de marzo o alumnado de educación infantil participou nun taller de colares para tapabocas que viñeron a facer dúas mamás, Celia e Silvia. Todas e todos estaban encantados cos seus colares, moitas grazas mamás!!
¡PARABÉNS MARTA!
A nosa Martita cumpleu 4!!
O 12 de marzo, Marta volveu dar outra volta ao sol, e xa van 4. Que maiores somos xa!
Canto creceu Marta dende o seu primeiro día de vida. As fotos encántannos, cambiamos tanto!
Esperamos que disfrutaras moito do teu día Marta, nos o pasamos xenial.
Moitos bicos e un abrazo xigante.
A BOLSA DA CIENCIA
Este trimestre estamos levando para a casa a bolsa da ciencia. É unha bolsa que dentro leva distintos materiais para poder facer experimentos coa nosa familia.
Unha vez rematan de traballar coa bolsa da ciencia e tráena de novo ao cole, facemos un collage que está exposto durante uns días na aula para que nos conten a súa experiencia e que os demais compañeir@s podan observar o que fixeron.
Polo de agora xa puido experimentar Julieta, Martiño, Carmen S e Chloe e foi todo un éxito.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- seguinte ›
- última »