Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Educación infantil

BAUTISMO NAVAL

Neste terceiro trimestre, dentro do PDI de centro "Pingas de ciencia", temos como tema central, a auga. Despois de coñecer as súas principais características e propiedades centrámonos na flotación dos obxectos. E para iso levamos a cabo unha exhibición naval. Cada nena e neno trouxo da casa un barquiño elaborado con material reciclado. Presentaron o seu barco o os materiais reciclados que utilizaron para que floten, como podedes ver había barcos de todo tipo: pequenos, grandes, lanchas, buques, barcos piratas, etc. Ademais de estar realizados con esponxas, botellas de plástico, mazorcas, corchos, botellas de leite... E comezou a acción. ¿Flotarán ou afundiranse? 

Aquí tedes algunhas fotos que amosan o gran traballo que fixeron as nosas nenas e os nosos nenos xa que, todos os barcos flotaban!!


VISITA AO MUSEO DE HISTORIA NATURAL

Continuamos co PDI e en infantil imos enfocar este terceiro trimestre á auga. Para comezar fixemos unha visita ao museo de historia natural de Ferrol, onde observamos moitos animais mariños. Unha vez alí aproveitamos para visitar os maios de Canido, as Meninas e ata un parque!

 

COMPOSICIÓNS FLORAIS

 

Coa primavera chegan as flores e as nenas e nenos de educación infantil aprenden a facer diferentes composicións florais, aquí tedes unha mostra dos seus traballos.

 

MOMENTOS NO PATIO

Aquí podedes ver algunhas fotos dos nosos momentos no patio. 

Unhas veces saimos con bicis e motos, outras con tizas para pintar polo chan, outras collemos pelotas pero, sen dúbida os días que máis disfrutamos son os que choveu un pouquiño antes. Os charcos levan toda a nosa atención e atracción e ainda que moitas veces acabamos sucios de arriba a abaixo, é cando máis beneficios obtemos. Xa que necesitamos tocar e sentir coas nosas mans, rebozarnos polo chan, coller obxetos da natureza para poder fomentar a nosa creatividade, estimular a nosa capacidade de aprendizaxe, traballar a nosa capacidade de concentración, pensar e coñecer. E sobre todo disfrutar da natureza.

Logo de volta a aula, necesitamos un momentiño de descanso.

Porque os mellores aprendizaxes sempre parten do disfrute.

 

 

PLANTAS

Neste último trimestre trouxeron as plantas Julia, Carmen F, Lara M, Daniel, Adrián e Ainhara.

Poñemos todo o noso empeño en coidalas, observalas e tratalas con moito cariño. 

MATES EN FAMILIA 22 ABRIL

Hoxe, no taller interactivo de mates en familia viñeron a disfrutar con nos Raquel, Julia, Alejandra y Julia. 

Fixemos o trazo dos nñumeros en area, completamos os cohetes numéricos, colocamos pedras dependendo do número que tíñamos nos paneis e pescamos o número de gomas que saian nos dados.  

Non cabe dúbida que sempre o pasamos xenial! O máis importante e pasar tempo xuntos. 

Grazas por vir, familias.

PARABÉNS CARMEN!

PARABÉNS CARMEN!

O 17 de abril Carmen cumpliu 4 anos. ¡Que alegria é estar de cumple! Son momentos moi especiais para todo o grupo e sempre temos sorpresas para levar para a casa.

Esperamos que disfrutaras moito Carmen,

Moitísimos bicos!!!

 

PARABÉNS DANIEL!

¡Parabéns Daniel!

O 9 de abril Daniel estivo de aniversario. Xa sabemos cantas voltas damos ao sol, poucos faltan por cumprir 4 anos. 

Que ben o pasamos os días de celebracións!! 

Esperamos que o pasaras moi moi ben Daniel, un abrazo xigante. 

VISITA A CASA DA CULTURA

O alumnado de educación infantil realizou unha visita á casa da cultura para celebrar o DÍA DO LIBRO. Alí visitaron a biblioteca e a explosición da pintora Carmen Prado.

 

FIN DE TRIMESTRE, O VENTO E O AIRE

Para rematar o trimestre e o proxecto do aire e o vento o alumnado de educación infantil contou coa visita de varias familias. Por un lado Ulises amosoulles o seu parapente e explicoulles o funcionamento dunha manga de vento, por outro varias familias explicaron como funcionan os instrumentos de vento, finalmente tivemos un concerto! e ata celebramos un aniversario! Grazas familias, foi xenial.

 

Distribuir contido