Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Contacto
3º Educación primaria
PROPOSTAS PÁXINAS WEB EDUCATIVAS
Moi bo día a todas e todos!
Deixámosvos unhas propostas de xogos online para as rapazas e rapaces que nos pareceron interesantes:
- Neste enlace tedes xogos variados para practicar as táboas de multiplicar. Son bastantes, polo que podedes distribuílas e organizalas como mellor vos pareza nos próximos días.
- No seguinte enlace propoñemos un xogo de gramática de palabras compostas: aquí.
- E, por último, un contacontos moi divertido! Preme aquí para escoitalo.
Agardamos que vos sexan útiles.
Moito ánimo!
RECOMENDACIÓNS XERAIS
Estimadas familias:
Queremos axudarvos cunha serie de IDEAS OPCIONAIS para manter un horario e unhas rutinas nestes días especiais, que podan axudar a que o ritmo de traballo e autonomía das nenas e nenos non se vexa prexudicada:
- Intentar elaborar un horario diario (de luns a venres) no que se inclúan actividades como por exemplo: tempo de lectura diario (recomendamos uns 30 minutos como mínimo), tempo para realizar as actividades propostas na páxina web, tempo de lecer, etc.
- Diario do Coronavirus: parécenos unha boa idea que as nenas e nenos redacten diariamente como están a vivir estes días de corentena. Poden expresar o que aprecian no seu entorno e como se senten eles mesmos día a día. Será un bo xeito de contar como viviu cada un de nós esta situación cando volvamos ao colexio.
- Repasar o que aprendemos de nutrición saudable organizando menús diarios e calculando cantidades en función dos membros da familia.
- Para completar as suxestións que vos iremos colgando na páxina web, propoñemos os seguintes enlaces onde as nenas e nenos poderán visualizar vídeos explicativos dos contidos que levamos vistos:
► Nesta páxina poderedes visualizar contidos de ciencias naturais e sociais.
► Nesta páxina poderedes atopar xogos educativos de tódalas materias e para o nivel de 3º de primaria.
Queremos agradecervos a comprensión e colaboración nestes días que se aveciñan e lembrarvos que para calquera dúbida nos escribades por Abalar.
O mércores 18 colgaremos material por áreas.
Moitas grazas a todas e todos.
Titoras de 3º E. Primaria.
3º EP actividade de música
- Repasamos a escala musical.
- Repasamos Rondín Picotín:
3ºEP Actividade de inglés: repaso de vocabulario con Quizlet
Con esta aplicación, poderás poñer a proba todo o que recordas sobre o vocabulario de inglés de "Food". Os pasos son os seguintes:
1) Proba a ver cántas flashcards acertas! Pincha aquí
2) Intenta acertar a resposta correcta. Pincha aquí
3) Serías capaz de escribilas? Pincha aquí
4) Afina o oído e escribe o que escoites! Pincha aquí
5) Proba que xa és todo un experto ou experta nesta proba. Pincha aquí
UNHA NENA DE NOBEL
Con motivo do día da muller que celebramos o día 8 de marzo, o alumnado de 3º EP tivo a súa pequena participación no mural conxunto que fixemos entre todos os nenos e as nenas.
A nós tocounos a frase “E UN LIBRO” que fomos pintando entre todos.
PROGRAMA DE RADIO FEBREIRO 2016. CRÓNICAS DE CENTIEIRAS.
Este mes fixeron o programa de radio os nenos e as nenas de terceiro e sexto; coma sempre o noso agradecemento a Radio Fene por darnos esta oportunidade!!!
Podedes escoitalo en directo o venres 26 ás 12 da mañá en Radio Fene no 107.7 FM ou no enlace do programa.
(Pinchar na radio para escoitar o programa)
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7