Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

3º Educación primaria

3º PROPOSTA DE MÚSICA PARA A SEMANA DO 20 DE ABRIL

Bo día!

A continuación adxunto a proposta para esta semana.

Un saúdo.

 

PROPOSTA DE ACTIVIDADES 20 ABRIL

Ola familias!

Hoxe, nos arquivos adxuntos, achegamos o seguinte material:

- MATEMÁTICAS: "Los edificios más altos del mundo". Traballo de descomposición numérica e números ordiinais.

- LINGUA CASTELÁ“El reino al revés”, no que traballaremos sobre a lectura dun poema e sinónimos, así como o son /k/ coas grafías  c e qu.

- CIENCIAS NATURAIS: un encrucillado de animais, sinxelo e entretido. (OLLO! Está en castelán).

- Solucións do venres 17 de abril.

- IMPORTANTE!: a maiores, veredes dous arquivos nos que tedes dúas guías para acceder á Aula Virtual de Santillana (ONLINE e OFFLINE), tal e como vos indicamos na mensaxe de Abalar.

 

En canto ao enlaces propostos para hoxe:

- Unha actividade moi útil de repaso das táboas de multiplicar con pequenos trucos.

- Un encrucillado que lles resultará moi familiar, pois está relacionado cun dos temas vistos en Ciencias Sociais.

- E, por último, un vídeo-titorial para poñer en marcha a nosa creatividade facendo un trapecista con materiais moi sinxelos, conmemorando así o Día do Arte; agardamos que vos guste.

 

Unha aperta e moito ánimo!

Carmen e Vero.

 

 

Proposta de actividades 17 de abril.

 Ola familias! 

Nos arquivos adxuntos de hoxe, achegamos o seguinte material:

 - Matemáticas: operacións con multiplicacións e divisións.

 - Lingua Castelá: escribir preguntas e respostas.

 - Lingua Galega: lectura e comprensión dun texto dos medios de comunicación.

 - Ciencias Sociais: a Terra vista desde o espazo.

 

 Os enlaces a páxinas web que vos propoñemos son os seguintes:

   - No seguinte enlace, un libro para investigar sobre a fauna para os máis curiosos. Aparecen fichas para investigar e completar sobre diferentes animais, e facer así un libro propio de animais.  As nenas e nenos poden escoller os que máis curiosidade ou interese lles esperten.

 - Aquí un exemplo de xogo con palabras en galego: Palabras prohibidas. No enlace aparece un exemplo, xunto coa explicación, para que vós nas vosas casas o poidades continuar empregando as palabras que queirades. 

 - Un vídeo de “Salón do vídeo de Pontevedra”, onde explican como facer un “quitamedos” de xeito moi divertido. Agardamos que vos guste.

 - E, por último, non queremos deixar de mencionar a labor tan bonita que está a facer Leandro Lamas. Moitos xa o coñeceredes das clases de pintura que imparte no noso cole. No seguinte enlace podedes ler unha nova da TVG na que explican como está a axudar ás nosas nenas e nenos a levar mellor o confinamento.

Esperamos que vos gusten.

Vero e Carmen.

 

 

PROPOSTA DE ACTIVIDADES 15 DE ABRIL

Ola de novo, familias!

Na proposta de hoxe, deixamos o seguinte material adxunto:

- MATEMÁTICAS: ficha de problemas.

- LINGUA CASTELÁ: ficha de comprensión dun texto informativo.

- LINGUA GALEGA: ficha de comprensión dun texto poético.

- CIENCIAS DA NATUREZA: ficha sobre os ecosistemas.

 

A maiores, na proposta de enlaces web, deixamos os seguintes:

- Un reto de trabalinguas moi entretido.

- Adiviñanzas numéricas.

- Queremos tamén recomendarvos unha aplicación que podedes descargar en calquera dispositivo (App Store, Google Play e nun ordenador), que se chama Bmathun recurso moi útil para continuar a aprendizaxe matemática na casa e, que actualmente, os seus creadores puxeron de xeito gratuíto. Ademais, hoxe ás 18.00 horas, no seguinte enlacehaberá unha retransimión en directo do propio equipo didáctico de Bmath sobre un experimento científico e un reto matemático. Farán retransmisións cada semana.

- E, por último, un vídeo sobre o día Internacional do Bico que, como xa sabedes, foi o pasado 13 de abril. Agardamos así, facervos chegar a todas e todos, un bico virtual para darvos forzas e moito ánimo!

 

Unha aperta, 

Carmen e Vero.

 

PROPOSTA DE MÚSICA PARA O 15 DE ABRIL

Bo día.

A continuación adxunto a proposta para hoxe.

Un saúdo.

Repaso de vocabulario con Quizlet II

Con esta aplicación, poderás poñer a proba todo o que recordas sobre o vocabulario de inglés de "Digital vocabulary", do tema 3. Recordas o vocabulario? Os pasos son os seguintes:

1) Proba a ver cántas flashcards acertas! Pincha aquí

2) Intenta acertar a resposta correcta. Pincha aquí

3) Serías capaz de escribilas? Pincha aquí

4) Afina o oído e escribe o que escoites! Pincha aquí

5) Proba que xa és todo un experto ou experta nesta proba. Pincha aquí

PROPOSTA PARA O DÍA DO LIBRO: " FAME DE PALABRAS"

Bo día.

Desde a biblioteca queriamos facervos unha proposta para o Día do Libro. Podedes ollala no blog da

biblioteca: https://bibliocenti.blogspot.com/2020/04/fame-de-palabras_14.html

Animádevos a participar!

 

Un saúdo.

Actividades religión

HOLA, HOLA ,HOLA, NIÑOS

Aquí tenéis unas pequeñas cápsulas de diversión.

Hay que hacerlas de una en una, pero, si no quedáis contentos,  podéis hacer de dos en dos.

Este Arco Iris es para colorear TODO EL ALUMNADO y escribir en las nubes las frases que queráis

FELICES PASCUAS

Distribuir contido