Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

GRUPOS INTERACTIVOS MES DE ABRIL

Neste mes de abril continuamos a realizar grupos interactivos, proposta que nos permite achegar ás familias ao día a día da escola.

En "Mar de palabras" traballamos a expresión oral a través do xogo Concept Kids Animals, seguimos afianzando a ortografía empregando a ruleta e escribindo as palabras que nos tocaban na pizarriña e tamén reforzamos pasado-presente-futuro. Para isto empregamos dous dados, o primeiro decíanos o tempo verbal no que tiñamos que compoñer a frase e o segundo dábanos unha pista sobre a acción sobre a que tiñamos que facer a frase. 

 

 

En "Mates en familia" adentrámonos nas mulitiplicacións, fixémolo a través do xogo de mesa 3 x 4 zas e tamén xogando ao bingo da multiplicación. Reforzamos ademais un pouquiño os euros: buscamos diferentes formas de compoñer unha mesma cantidade. 

 

Grazas familias por este tempo compartido.