Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

GRUPOS INTERACTIVOS

Esta é unha actividade que continúa do curso pasado na que as familias participan dinamizando propostas. Esta participación é fundamental tanto para o alumnado como para as familias, o alumnado que sempre fai unha valoración moi positiva da participación das familias e éstas que ven o funcionamento e o clima que hai na nosa aula. Moitas grazas pola vosa participación!

MATES EN FAMILIA: nesta ocasión Irene a nai de Adriana dinamizou unha proposta de problemas de igualación de cantidades e a madriña de Laura unha proposta de conteo e ordenación de cantidades.

 

UN MAR DE PALABRAS: plantexamos dúas propostas, unha na que debían buscar e compoñer os seus nomes e os das súas compañeiras e compañeiros, dinamizada por  Noelia nai de Marco e outra na que traballamos o vocabulario de outono dinamizada por Daniel pai de Lucas.