Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

VERBAS NA PRIMAVERA

Durante o mes de abril estivemos traballando a primavera. Para isto levamos a cabo distintas actividades que dividimos en varias semanas.

 

Na zona de lectoescritura levamos a cabo dúas actividades: A primeira semana fixemos dictados primaverais, onde escribíamos vocabulario de primavera e facíamos o seu debuxo.

A segunda parte tratou de completar as partes dunha flor (pistilo, pétalos, estames e sépalos) ademáis encontramos aquí o “Inventario de flores” para observar distintos tipos de flores, os seus nomes e as partes que as compoñen.

Tamén, encontramos nesta zona unha actividade para escribir vocabulario de primavera.

 

En canto a mesa de tranvases dedidámonos a crear a nosa “auga de primavera”. Experimentando e aprendendo a través das nosas sensacións.Para isto, primeiro recollimos flores no patio. Despois separábamos os pétalos e os botamos nun mortero. Neste os mezclábamos con auga ata integralos moi ben. O pasamos por un colador a un recipitiente que era un pulverizador de perfume para asi poder levar para a casa. Por último, poxémoslle un nome especial o noso propio perfume. Traballamos así transvases (fundamental para unha posterior lectoescritura), a motricidade, as sensacións (texturas, olor)...

 

Na zona de grafomotricidade tivemos tres propostas. Na primeira, a través dun espello observamos distintas formas e así as plasmamos no papel. Era moi importante fixarse ben, xa que o obxecto apoiado na mesa facía unha forma e, apoiado no espello outra totalmente distinta.

Por outro lado, creamos as nosas flores picando co punzón ata vaciar un círculo, despois puxémoslle papel de cor e ao seu redor e completamos a flor con distintos tipos de pétalos que neste caso eran distintos tipos de grafías e por último, partindo de triángulos, cadrados, círculos ou rectángulos creamos flores.

 

Na mesa de motricidade fina enfiamos botóns. Esta é unha actividade moi completa xa que favorece a motricidade fina, a coordinación óculo-manual e ademáis é moi diveritida.

A outra actividade, partindo dun organizador e unhas gomas seguimos a serie de cores que correspondían a cada tarxeta.

 

Na zona de vida práctica sempre temos actividades con materiais da vida cotiá que lles axuden a adquirir máis autonomía no seu día a día. Aquí tivemos a opción de peneirar a fariña. Era moi importante facelo moi despacio e con moito coidado. Encher a culler de fariña, botala no colador e por último, darlle pequenos golpes nun lateral para así quitarlle os grumos.

 

Enroscar e desenroscar botes de cristál de distintos tamaños. Cunha pipeta transvasamos auga duns tarros a outros.E por último, vertemos lentellas dun tarro a outro sen que nos caera ninguna e para isto, tíñamos que ter moito coidado e facelo sen ningunha presa e con moita precisión.

 

Na mesa sensorial encontrámonos con distintos materiais de primavera para crear distintos escenarios e fomentar así a nosa creatividade.

 

E coma sempre, limpamos os cristais, cociñamos, cambiamos os nosos bebés, descansamos na cama e pasamos ratos moi divertidos lendo libros na biblioteca.