Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Contacto
Mes do xadrez en marzo. International women's month 2023
Durante o mes de marzo tivemos un espazo pop up no centro adicado ao xadrez. Durante os recreos, os nenos e nenas que querían podían vir ata a sala para xogar libremente, aprender, ensinar ou ver as partidas que estaban a acontecer.
Durante as dúas últimas semanas, organizamos un torneo por cursos e nos dous últimos días unhas partidas de "masters" coas persoas gañadoras de cada curso.Resulta que de cada 10 persoas que están federadas para xogar ao xadrez, soamente unha é muller, polo que quixemos aproximarnos a este deporte no cole e o resultado non puido ser mellor, xa que a penas había diferenza en números entre nenos e nenas que querían xogar e o resultado do torneo tamén foi terriblemente enriquecedor.
Estamos moi orgullosas da enorme participación (mais de 100 nenos e nenas viñeron xogar algunha vez e 50 persoas participaron no torneo, de 155 que somos no cole!) e de cara ao ano que vén pensamos que pode ser boa idea repetir, incluir partidas de peón para educación infantil e organizar partidas de persoas adultas, xa que con todo o que lles gusta o xadrez ás profes Cris e Iria non puideron xogar nin unha partida!