Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Contacto
"DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO"
O día 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero , non quixemos que pasase desapercibido no noso cole.
Para comezar viñemos todas e todos vestidas/os de negro con algún detalle lila, e ao longo da mañá fomos facendo diversas actividades:
O alumnado de 6º de primaria representou "Artur e Clementina" versión moderna 2.0. E grazas á Anpa tivemos a sorte de asistir a un espectáculo de maxia da compañía "Magia en la manga" no que se reivindicaba o papel da muller na maxia. Comezaron facéndonos reflexionar, pedíndonos que dixesemos algunha característica dos magos de hai tempo, e como era previsto, todos os rasgos que se dixeron foron masculinos: barba, bigote... e este foi o punto de partida. Presentáronnos diferentes figuras de magas e nos amosaron moitos trucos.
Colocamos un tear no patio do cole e tecimos en igualdade, foi unha xornada do máis emotiva.
E para finalizar, rachamos coas cadeas da violencia de xénero dixital enmarcada na actividade proposta polas FANPAS.