Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Contacto
CONTAMOS
“Contamos” no Día de Rosalía.
Para celebrar con nós o Día de Rosalía, e contarnos moitas historias do seu pobo mariñeiro, de Porto do Son, estivo en Centieiras Ánxela Franco, deputada provincial responsable da área de Educación, Benestar e Igualdade de Xénero. Recibírona no colexio o noso alcalde, Juventino Trigo, e a concelleira de Educación, Amalia García. Nós aproveitamos para ensinarlle uns debuxos moi fermosos (ela díxonos que lle gustaban moito) que fixemos sobre unha estrofa dun poema de Rosalía. Debuxamos en todas as clases, así que xuntamos máis de duascentas obras de arte. Estamos tan orgullosas e orgullosos delas que vos convidamos a vilas ver cando queirades!
A Ánxela regalámoslle o cadro que pintaron os nenos e as nenas de quinto de infantil, e ela convidounos a ir a Porto do Son, para ver Baroña, os petróglifos, as lagoas...