Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

PDI “PINGAS DE CIENCIA”: O CORPO HUMANO

Conxuntamente co traballo da luz, dentro do Pdi "Pingas de ciencia" estamos adicando un espazo ao descubrimento e coñecemento do corpo humano; especialmente a todo o relacionado coa súa anatomía.

No ambiente de ciencia é onde máis estamos traballando toda esta temática por medio de propostas que non paran de sorprendernos: pois descubrimos que o cerebro é como o ordenador do noso corpo, diseccionamos un corazón de porco e ao abrilo poidemos sentir que estaba frío porque non estaba dentro do seu corpo, era brando ao tocalo pero duro á hora de cortalo e observamos que por dentro está dividido en catro cavidades, aurículas e ventrículos. Tamén traballamos a composición da sangue e agora estamos centrados no esqueleto.

Buscamos información sobre el e descubrimos moitas cousiñas interesantes. Coa axuda dos outros compis de infantil e das súas familias ata construimos dous esqueletos con botellas plásticas: o esqueleto de Papá e Mamá Noel. Ollade o resultado.