19-11-2018

Esta mañá, con motivo da celebración da "Semana da prevención de residuos perigosos" (do 17 ao 25 de novembro) e baixo o lema "REDUCIR PARA SUMAR", contamos coa visita dunha representante de SOGAMA que nos lembrou a importancia dos "tres erres" no noso día a día: reducir, reutilizar e reciclar. Non podemos esquecer que o coidado do noso planeta é responsabilidade de todos e cada un de nós. 
Desde aquí queremos agradecer a información que se nos proporcionou e que nos fixo reflexionar acerca do compromiso que debemos adoptar, así como todos os agasallos que nos trouxo: balóns, lapis e bolígrafos.

Powered by Drupal - Design by artinet