O alumnado de quinto e sexto, visitou o Centro Integrado de Formación Profesional de Someso no que nos recibíu a Orientadora Ángeles Piay e o xefe de estudos Luis Miguel Barreiro.
Tralo visionado dunha presentación sobre o emprendemento levada a cabo pola responsable do departamento de orientación, visitounos o empresario Manolo Rivas quen nos explicou a súa experiencia persoal como empresario.
Mentras os rapaces merendaron e nós tomamos un merecido café, presentáronnos a Carmela López, profesora de FOL e responsable de EMPRENDEMENTO, quen brindouse para axudarnos no que precisemos nos vindeiros meses dentro do programa Atrévete.
Tras unha visita aos obradoiros das familias profesionais que oferta o centro, o docente Juan Bello explicounos, in situ, como se levou a cabo a construción do Módulo Bioclimático Experimental ”A VIEIRA” para pasar, de seguido, a sorprendernos coa maqueta bioclimática dun forno solar feito con cartón, plástico e papel de aluminio.¡Levamos a idea e as instrucións para elaboralo no noso centro!
Camiño da saída obsequiáronnos cunha pequena mochila do programa Atrévete.
Grazas a todos e todas por recibirnos e tratarnos tan ben. ¡Grazas, compañeiros!