As asociacións Aloumiños e Cadelar amosaron aos alumnos a posibilidade de facer terapia con animais. Estas dúas organizacións desenvolven programas deseñados para promover melloras na función física, social, educacional, emocional e cognitiva das persoas a través do traballo con animais.