Sensibilización sobre a discapacidade
O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria implicouse hoxe na sensibilización sobre a discapacidade da man da asociación AVANTE. Atoparedes un vídeo-resumo desta xornada no blog do EACE.
Festa do Outono
No CEIP Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro estivemos hoxe de celebración: a Festa do Outono! Decoracións, Teatro Negro, castañas, chocolate, xogos e ata despedidas! Non vos perdades as imaxes de todas estas actividades nos nosos blogs: EDLG e EACE.
ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR- REPRESENTANTES DOS PAIS/NAIS
No seguinte ENLACE podedes consultar a convocatoria para a elección dos representantes do sector nais/pais do Consello Escolar.
Día das Bibliotecas na Bibliosilva
Hoxe, 24 de outubro, festexamos no centro o Día das Bibliotecas da man de Cé Orquestra Pantasma, que trouxo ao colexio un montón de xoguetes tradicionais. Tedes un vídeo no que se recollen imaxes desta xornada tan entretida no blog da Bibliosilva.
ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR
De conformidade co establecido na Resolución do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de ordenación e Innovación educativa, polo que se establece o calendario para a realización de elección de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG de 18 de setembro de 2024), realizarase en próximas datas neste centro a renovación do Consello Escolar, que constitúe o instrumnento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do CEIP.
A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar correrá a cargo da Xunta electoral que será constituída ao efecto e estará integrada por:
- A directora do centro
- Un profesor ou profesora
- Unha nai ou pai ou titor legal
- Un representante do persoal de administración e servizos
Os tres últimos serán designados por sorteo segundo establece o artido 30 do Decreto 92/1998, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). En dito sorteo se preverá a designación de membros suplentes, e será celebrado o día 16 DE OUTUBRO , ÁS 12:00H.
Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar as súas candidaturas para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións que figuren nas distintas convocatorias que se farán públicas próximamente pola Xunta electoral do Centro unha vez constituída.
Mochilas viaxeiras
Xa están as mochilas viaxeiras, un ano máis, camiño das casas dos nenos e nenas do Celso Emilio Ferreiro! Tedes máis información no blog da Bibliosilva.
APERTURA DO CENTRO-MES DE XULLO
No mes de xullo a atención ás familias realizarase entre os días 1 e 19 en horario de 10:30 a 13:00.
Feliz verán!
Día de despedidas
Hoxe foi o día no que celebramos o remate do curso, mais tamén o remate de varias etapas: o tempo neste centro chega ao seu fin para o alumnado de 6º e tamén para Pepe, director e mestre de Educación Física. Isto é un "ata pronto!". No blog do EACE tedes un vídeo-resumo da xornada.