Skip to Content

RADIO NA BIBLIO

Día do Libro

Hoxe conmemoramos o Día Libro.

Pedímosllle ao escritor e defensor da natureza, Anxo Moure, que nos acompañara, por  segunda vez neste centro, coas súas historias cargadas de agarimo polas árbores, a lectura e os especial o respeto polas tradicións da nosa terra.

Así mesmo, elaboramos diferentes libriños para colgar nas árbores que temos dentro do centro e diferentes marcapáxinas.

O alumnado de 6º de EP recomendou,a trevés de Radio na Biblio, unhas lecturas moi interesantes. 

Coma sempre, GRAZAS a tod@s!!!

Preme na imaxe para poder ver o vídeo

 

 

1º traballo de Radio na biblio

O alumnado de 6º de EP e a mestra coordinadora de Radio na Biblio, Bibi, levou a cabo unha actividade no que se resume un primeiro trimestre cargado de actividades e conmemoracións.

Noraboa a tod@s!!!

Obradoiro de radio

Esta semana visitóunos Damián Alonso, doblador de profesión da asociación pedagóxica Ponte nas ondas!

Neste vídeo podemos ver todo o que aprendimos nunha xornada intensiva para o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria.

Toda unha experiencia!!!

RADIO NA BIBLIO, A FESTA DO MAIO

Na mañá do mércores, 31 de maio, o alumnado de 5º de Primaria gravou un novo programa de RADIO NA BIBLIO.

Nesta ocasión presentan un traballo de investigación sobre a Festa do Maio en Viveiro e fálannos da importancia de conservar as tradicións populares.

A música é a canción do Maio que cantamos todos os colexios do Concello de Viveiro para festexar esta gran festa.

 

LETRAS GALEGAS 2023

AS NOSAS LETRAS GALEGAS

Presentamos hoxe algúns dos traballos realizados para conmemorar a figura de Francisco Fernández del Riego, autor homenaxeado nas Letras Galegas 2023.

O alumnado de 3º de Primaria presenta o vídeo que recolle a biografía do autor.

Programa de Radio na Biblio realizado polo alumnado de 6º de Primaria onde se recolle a obra do autor.

 

 

RADIO NA BIBLIO: ENTREVISTA Á MESTRA DE MÚSICA

Na mañá do xoves, 27 de abril, o alumnado de 5º de Primaria gravaron o programa de Radio na Biblio dedicado á entrevista. O equipo formado por Alma, Julia, Celia e David preparou as preguntas para entrevistar á mestra Marta Pérez que se xubila ao finalizar este curso.

 

SEMANA DO LIBRO NO COLEXIO

Imos entrar na semana do Día do Libro ( 23 de abril), por iso a Biblioteca, aulas e equipos están preparando moitas actividades:

  • Exposición de libros novos e sobre Miguel de Cervantes: Don Quijote de la Mancha.

 

 O alumnado de 6º de Primaria realizou un programa de Radio na Biblio, sobre recomendacións lectoras.

  • Tamén faremos unhas sesións de contacontos para Infantil e Primaria nas horas de ler. As representacións estarán realizadas polo alumnado de 2º de Primaria e foron  preparadas na aula de inglés coa colaboración do auxiliar de conversa Johan.
  • Deixamos aquí o enlace á páxina especial do Día do Libro onde poderedes ver as diferentes actividades que realizamos en cursos anteriores

PREME NA IMAXE

PROGRAMA DE RADIO NA BIBLIO: DÍA DA POESÍA, ÁRBORE E AUGA

O venres, 24 de febreiro, o alumnado de 5º de Primaria realizou un programa de Radio na Biblio con contidos sobre as celebracións do Día da Poesía, da Árbore e da Auga, achegándonos información sobre a importancia destas datas e recitando poemas de creación propia.

No vídeo podemos seguir o programa realizado por: Ainara, Cristian, Lucía, Mateo, Cristina, Omar, Helena e Alma.

HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO

Hoxe, 23 de febreiro é o día de Rosalía de Castro; para conmemorar este día realizamos un mural coas caras das nenas e nenos do colexio dentro do rostro de Rosalía, acompañados de palabras que expresaban diferentes emocións.

PREME NA IMAXE PARA VER O VÍDEO

Despois do recreo xuntámonos todos no ximnasio do colexio para homenaxear a Rosalía cun Recital Poético-Musical.

Participamos todo o alumnado e profesorado cantando todos os poemas de Rosalía  que foron musicados pola mestra de música, Marta Pérez, desde o ano 2013 ata este curso:

HAS DE CANTAR (Cantares Gallegos) (PROFESORADO)

 

PASA RÍO, PASA RÍO (Cantares Gallegos) (INFANTIL)

 

VIUDAS DOS VIVOS… (Follas novas) (5ºE 6º)

 

NASÍN CANDO AS PRANTAS NASEN (Cantares Gallegos) (3º E 4ª)

PASENIÑO, PASENIÑO (Cantares Gallegos) (1º E 2º)

“TECÍN SOIA A MIÑA TEA” (Follas novas)(TODOS)

 

 O alumnado de 5º de Primaria preparou un pequeno podcats sobre Rosalía de Castro e podedes velo no seguinte vídeo.

DÍA MUNDIAL DA RADIO

No ano 2013 a ONU aprobou a declaración da UNESCO do Día Mundial da Radio. Proponse a data do 13 de febreiro por ser a da creación da Radio Nacións Unidas no ano 1946. "Os obxectivos da xornada son concienciar ao público e aos medios de comunicación acerca da importancia da radio; alentar aos encargados de tomar decisións a crear e ofrecer acceso á información a través da radio; así como mellorar as redes e a cooperación internacional entre os organismos de radiodifusión."   SEGUIR LENDO

Este programa especial foi realizado polo alumnado de 6º de Primaria e nel falan da invención da radio e da celebración do entroido no colexio

Distribuir contido


by Dr. Radut