Skip to Content

Todo sobre a ANPA

CELEBRACIÓN DA XUNTA ANUAL ORDINARIA

A ANPA convoca a xunta ordinaria do 2023, o martes 28 de febreiro ás 19.00 horas no centro escolar, cos seguintes puntos a tratar:

1- Resumo do curso 21/22.

2- Contas a final do 2022.

3- Proxectos do curso 22/23.

4- Rogos e preguntas.

INFORMACIÓN BANCO LIBROS

Estimados socios, dende a Anpa do CEIP de Celeiro poñémonos en contacto con vós de cara a facilitarvos a información sobre a devolución e a solicitude de libros pertenecentes o banco solidario da Anpa.

De cara a facilitar a devolución dos libros, esto fárase o mesmo día que a devolución na escola dos libros da Xunta. O 23 DE XUÑO en horario de maña.

Para a súa devolución só é necesario traer os libros en bo estado, sen subliñar nin deteriorados e cubrir un impreso no momento (cos datos da persoa que realiza a devolución, os datos do alumno e os libros devoltos).

 

Se algún socio por incompatibilidade de horario non pode vir, pode mandar a outra persoa ou poñerse en contacto coa Anpa mediante o correo electrónico para poder concretar unha data de recollida.

A solicitude de libros pertenecentes ao banco de libros da Anpa para o vindeiro curso 2022/2023, so será nececaría para os cursos de 3° e 4°primaria, xa que os cursos de 5° e 6° de primaria entran no programa da Xunta E-dixgal e polo tanto non precisa libros de texto. Os requesitos para solicitar estes libros son:

 

  • Os libros non se poderán subliñar nin escribir con bolígrafo e deberán ser borrados e entregados en boas condicións e forrados non caso de que o precisen. Os libros que non sexan devoltos ou volvan en malas condicións, terán que ser aboados pola familia.

  • Para poder formar parte deste Banco de libros , é necesario ter pagada a cuota/seguro da Anpa do vindeiro curso 22/23 e ter presentado o recibo bancario xustificativo do ingreso antes de retirar os libros.

 

O formulario para solicitar os libros podese recoller na secretária da escola, adxunto neste email e tamén na paxina web do centro no apartado da Anpa.

Aqueles solicitantes que xa sepan que non van a recibir os libros por medio da Xunta, poden cubrir o impreso e depositalo na secretaria da escola.

Os solicitante de libros da Xunta poden agardar a que salga a resolución de ditas solicitudes ou ben cubrir o impreso solicitando os libros que non son da xunta, e deixalo na secretaria unha vez cuberto.

A data da entrega de libros será a principios de setembro e tamén coincidirá con horarios da entrega de libros da escola, xa informaremos dos horarios por web ou correo electrónico.

Será ben acollida calquera donación dos libros dos cursos 3º e 4º, que cumpran os requisitos antes descritos. 

Calquera dúbida poñerse en contacto coa Anpa a través do correo: anpaceleiro@gmail.com


Atentamente Anpa CEIP de Celeiro

 

XORNADA DE TRABALLO MEDIOAMBIENTAL

Na tarde do martes, 7 de xuño, rematamos o proxecto de creación de "PATIOS DINÁMICOS E DIVERTIDOS" e tamén foi o momento do traballo do Voluntariado de ALCOA.

No mes de outubro tivemos unha reunión coa ANPA do colexio e da mesma saíron moitos proxectos de colaboración, entre eles a posibilidade de realizar pintado de xogos nos patios do colexio. 

  • Primeiramente fixemos unha convocatoria de ideas: XOGOS NOS PATIOS DE RECREO
  • Unha vez elixidos os xogos máis populares comezaron coa división dos patios e co pintado dos primeiros xogos.
  • Por último, coa colaboración do voluntariado de ALCOA, pintáronse os últimos xogos.
  • Nesta mesma tarde, tamén o voluntariado de ALCOA fixo as tarefas de mantemento e limpeza da charca e do entorno medioambiental do colexio. Este proxecto foi solicitado pola ANPA, o que lles proporcionou unha gran subvención e donaron ao colexio unha estación meteorolóxica dixital. Gracias a todos os voluntarios!

Aproveitamos para agradecer á directiva da ANPA toda a colaboración prestada para poder realizar moitos proxectos en común.

PREME NA IMAXE PARA VER AS FOTOS DA XORNADA

 

Maxia con KIKO CARROLO

O venres, 1 de abril, organizadas e patrocinadas pola ANPA do colexio, poderemos disfruzar dunhas sesións de maxia co mago KIKO CARROLO.

Esperamos gozar dunha mañá entretida e divertida pois, a maxia, gústanos a todos: grandes e pequenos.

 

 

 

MOITAS GRAZAS A ANPA POR OFRECERNOS ESTA ACTIVIDADE!

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS

Bo día,
damos traslado á información que nos facilita a ANPA do colexio:
Están preparando unhas gorras que poden ser utilizadas polo alumnado nas saídas ou excursións do centro e en calquera outra circunstancia.
Poden ser adquiridas por 5€ (socios da ANPA) ou por 8€ (non socios).
Se estades interesados na súa adquisición podedes notificalo  avisando a calquera membro da ANPA ou no propio centro.
O venres 18 de febreiro será o último día para logo poder facer o pedido.

INFORMACIÓN DA ANPA

Estimados socios,
 
A Anpa do Ceip de Celeiro convoca a reunión ordinaria para o próximo venres 26 de novembro as 18:15 no pavillón do centro. Nela farase un resumo do pasado curso 20/21 e unha presentación dos diferentes proxectos do 21/22.
Para todos aqueles que non poidades asistir pasamos a desenrolar brevemento o contido de dita reunión.
 
Curso 20/21 (primeiro curso COVID-19)
 
A anterior Anpa e maila actual conseguimos a pesar de todas as dificultades (admisnistrativas e sanitarias), poder ofertar o pasado curso o servicio de comedor e de actividades extraescolares para os cales fíxose inversións en material contra a Covid (mamparas, mascaras, xel, desinfectante,...).
 
Coma todos os anos na época de Nadal colaboramos co centro nos agasallos do apalpador para as aulas dos diferentes cursos do centro.
 
Presentamos a subvención de igualdade para realizar diferentes actividades para nenos e pais (charlas interactivas, teatro, xogos colaborativos...). Dita subvención non foi concedida debido a escasez de fondos para todos os proxectos presentados en Galicia.
 
Sentamos as bases dos diferentes proxectos a realizar o curso 21/22 que desenrolaremos a continuación.
 
No mes de xuño por fin as normas sanitarias permitirinos brindarlles os noso nenos un concerto de rock por parte de "A gramola gominola".
 
Como anos anteriores temos agradecer a venda de lotería por parte dos socios xa que xunto coas cuotas son a maioría dos nosos ingresos.
 
Debido as dificultades presentadas durante o curso 20/21 a hora de realizar actividades quedounos un balance positivo nas contas. Dito excedente xa está destinado a diversos proxectos do 21/22.
 
Curso 21/22
 
Como no curso anterior o Anpa segue ofertando o servizo de comedor e actividades extraescolares para unha mellor conciliación laboral e familiar.
 
Este ano cambiamos a venda de lotería por rifas debido a negativa do banco a facer os pagos das papeletas, sendo esto algo difícil de xestionar pola nosa parte. A cambio pedimos a colaboración o Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro para a confección dunhas rifas. Agradecemos de novo a vosa colaboración.
 
Agora pasamos a presentar os diferentes proxectos de cara a este curso:
 
1- XOGOS DO PATIO. Unhas semanas atráis os nosos nenos trouxeron do centro unha folla onde podían propoñer ideas para mellorar o noso patio. Polo de agora hai 5 ideas seleccionadas das cales xa estamos a traballar para a confección dunha delas ("cociña para o horto). Outros proxectos seleccionados foi o pintado de pistas para diversos deportes na pista o aire libre, pintado de xogos, circuitos,...
2- INSTALACIÓN DE TARIMA NAS AULAS DE INFANTIL. Dende o centro propúxose a Anpa unha colaboración a 3 bandas (centro, concello e Anpa) para poder brindar aos máis pequeniños un chan máis confortable para eles.
3- ACTIVIDADES FIN DE TRIMESTRE. O primeiro trimestre xa temos pechado o espectáculo "O axudante de Papa Noel" a cargo de Mocmoc espectáculos que se levará a cabo o 10 de decembro no teatro Pastor Díaz en horario lectivo.
De cara a final do curso gustarianos facer unha festa de colchonetas, xogos,... que xa tiñamos apalabrada o ano pasado e que pola situación da Covid no noso concello tivo que suspenderse.
4- CHARLAS INFORMATIVAS. A Anpa esta a buscar diferentes charlas didácticas tanto para o alumnado como para os pais (neste caso de carácter online xa que sabemos as dificultades de ceñirse a un horario).
 
Por outra banda a subvención do comedor esta presentada, estamos no periodo de espera a sua resolución.
 
Esperamosvos o día da reunión para ampliar información e resolver dubidas. Os que non poidades asistir xa sabedes que este canle anpaceleiro@gmail.com sempre está a vosa disposición. Sen máis,
Un saudo
 
ANPA CEIP de Celeiro

XOGOS NOS PATIOS DE RECREO

Dende o centro e en colaboración coa ANPA do colexio, estamos a elaborar un proxecto para dinamizar os patios de recreo: 

  • A idea é pintar xogos no chan que axuden a que o tempo de lecer das mañás sexa máis divertido para o alumnado.
  • Por iso pedimos a vosa opinión e especialmente a dos vosos fillos/as para elixir as actividades que vos parezan máis entretidas.

Podedes ver algunhas propostas na seguinte presentación:

 

INFORMACIÓN SOBRE O SERVIZO DO COMEDOR

SERVIZO DE COMEDOR E VIXIANZA

MENÚS DO COMEDOR ESCOLAR

Dito servizo recolle os seguintes conceptos:

  • Menú a disfrutar do catering Twity de Burela.
  • Servizo de mesa e coidadora ata as 16:00 por parte da empresa Eureka Actividades.
  • Mantemento do comedor: limpeza, electrodomésticos (lavavaixelas, forno, cociña, mamparas, menaxe).

COTAS

A cota do mes de setembro será de medio mes (52,5€) para os usuarios que comenzaron os días 9 e 13 de setembro.

Os nenos que comenzan o finalizar o período de adaptación, 22 de setembro, pagarán 32€.

A partir de outubro e ata final de curso a mensualidade será de 105€ (habendo descontos para irmáns).

O bono de 5 días será de 35€ e o menú ocasional de 8€.

NORMAS DE PAGAMENTO

A cota de cada mes será abonada na conta da Asociación en ABANCA ES16-2080‐0154‐5930-4000-4209 durante os 5 primeiros días de cada mes.

As cotas de setembro serán abonadas coas de outubro, xa que non se puido facer a reunión anteriormente.

Aqueles usarios que xa as fixeron xa están anotados. No caso de ter que facer unha pequena regularización xa vos mandaremos un email concreto a cada usuario.

Se a cota non é abonada durante os 5 primeiros días, prodecerase ao aviso de tal impago. De persistir dito impago o usuario quedará expulsado do comedor.

NORMAS DE ASISTENCIA

No caso de ausentarse un día ou varios días, pedímosvos que nos avisedes, antes das 9:30 horas de dito día para non encargar menús de máis, ao correo eléctronico ou as números de teléfono: 690631014 - 605197488 (a partir de novembro).

No caso de darse de baixa do comedor será necesario avisar con 15 días de antelación.

Calquera dúbida quedamos a vosa disposición.

 

ANPA DE CEIP DE CELEIRO

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DA ANPA curso 21-22

Despois do periodo de inscripción, as actividades darán comezo o 4 de outubro (salvo fútbol sala xa iniciada). O cuadrante coas actividades que conseguiron cupo é o seguinte:
 

ACTIVIDADES OFERTADAS POLA ANPA

DÍA 

HORARIO

LUGAR

PREZO

COCIÑA CREATIVA 

LUNS

16-17:30H

COMEDOR

20€

PINTURA

LUNS

16-17H

AULA MAGNA

18€

INGLÉS 

MARTES

VENRES

16-17H

16-17H

AULA MAGNA

26€

DIVERCIENCIA

MÉRCORES

16-17H

AULA MAGNA

15€

MANUALIDADES

MÉRCORES

17-18H

AULA MAGNA

15€

TAEKWONDO

MÉRCORES

16-17H

PAVILLÓN

5€

PATINAXE 

XOVES

16-17H

17-18H

PAVILLÓN

15€

FÚTBOL SALA 

Biberón

4 e 5anos

 

FÚTBOL SALA

PreBenjamín

6 E 7 anos

 

FÚTBOL SALA

Benjamines

8 e 9 anos

 

FÚTBOL SALA 

Alevines

10 e 11 anos

Infantil

12 e 13 anos

 

LU E VEN

 

 

LU E MER

 

LU E MER

 

 

 

MARTES

XOVES

VENRES

 

16-17H

 

 

17-18h

 

18-19h

 

 

 

17:30-22H

18-21H

18-22:30H



 

PAVILLÓN

CELEIRO

 

 

 

 

 

PAVILLÓN

CELEIRO

PAVILLÓN

MUNICIPAL




 

15€




 

 

20€

 
Mindfulness, Teatro, Axedre e Robótica non acadaron as inscripcións suficientes.
 
Nota AXEDREZ: Os interesados nesta actividades poden acudir a Casa da Xuventude de Viveiro martes e e venres de 18:30 a 20:30.
 
ANPA DE CELEIRO

OFERTA DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DA ANPA PARA O CURSO 2021-2022

A Anpa do colexio elaborou un horario provisional, xa que as actividades que se ofertan levaranse a cabo se o nº de demandas é suficiente para constituir grupo. Unha vez se contabilicen as actividades solicitadas, elaborarase o horario definitivo. Para anotarse en calquera delas, é necesario enviar un correo electrónico a anpaceleiro@gmail.com cos seguintes datos:

Nome e apelidos do alumn@

Idade e curso

Teléfono de contacto

Actividades que lle interesan

 Para poder disfrutar deste servizo é necesario ser socio da ANPA co pago da cota anual (20€ por familia) e a cuota do seguro escolar (7€/neno) na conta da Asociación en ABANCA ES16 2080 0154 59 3040004209.

É obrigatorio pagar ambas cuotas para que o alumn@ esté cuberto en calquera actividade organizada pola ANPA. Os ingresos faranse co nome, apelidos e curso do neno.Todas as solicitudes deberán chegar ao correo antes do venres 24 de setembro, pois as actividades comezarán o 1 de outubro

NESTE ENLACE PODEDES DESCARGAR A OFERTA DE ACTIVIDADES

Distribuir contido


by Dr. Radut