Skip to Content

Eleccións

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Estimadas familias:

A Xunta Electoral para as Eleccións ao Consello Escolar do C.E.I.P. de Celeiro infórmaos que o prazo para a presentación de candidaturas dos pais, nais ou titores legais do alumnado terá lugar dende o 3 ata o 11 de novembro. Se desexan ser candidatos/as deberán presentar a súa solicitude mediante o impreso oficial na secretaría do Centro en horario de 09:00 a 14:00 horas.

Tedes toda a información na seguinte Circular

Contamos coa vosa participación

 

 

 

Eleccións Consello Escolar

Eleccións Consello Escolar

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

O CONSELLO ESCOLAR é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do centro. Cada dous anos, no mes de novembro, teñen lugar as eleccións ao Consello Escolar.

A XUNTA ELECTORAL deste Centro (constituída o mércores, 3 de novembro), ordena a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar, SECTOR DE PAIS E NAIS DO ALUMNADO, segundo as seguintes normas:


1. Corresponde elixir no presente proceso electoral a 2 pais/nais,  dun total de 5 que debe ter o Consello Escolar. Dúas nais continúan como consecuencia da súa elección anterior, no ano 2018, xa que a renovación é sempre parcial. O/A quinta representante solicitaráselle a ANPA


2.- Son electores todos os pais e nais ou, se é o caso, os titores/as legais do alumnado matriculado no Centro. O censo está exposto no taboleiro de anuncios. As reclamacións ao referido Censo realizaranse mediante escrito razoado dirixido á Xunta Electoral, ata o día 15 de novembro.


3.- Son elixibles os pais e nais ou, se é o caso, os titores/as legais, que formulen a súa candidatura oficial segundo o modelo que se facilitará na Secretaría do Centro. As candidaturas poderán ser presentadas dende o día 4 de novembro ata o día 12 de novembro.

 

4.- O sorteo dos membros da mesa electoral realizarase en acto público, entre os pais/nais que non se presenten como candidatos/as, o día 19 de novembro, ás 9:15 horas na biblioteca do centro. Dita mesa electoral estará composta pola Directora do Centro, que actuará como Presidenta, e dous pais/nais ou titores/as legais, actuando de secretario/a o de menor idade.

5.- As votacións das familias realizaranse neste Centro o martes 23 de novembro de 9:10 a 10:00 h e de 13:00 a 13:45 h en horario de mañá e de 16:00 a 17:00 horas en horario de tarde. A mesa electoral será constituída o mesmo día, en acto público, ás 8:50 horas.


6.- Na papeleta de votación cada elector/a fará constar un máximo de dous  nomes dos candidatos presentados, debendo acreditarse co seu D.N.I. ou documento similar. O voto será directo e non delegado e non se admite o voto por correo.


7.- Teñen dereito ao voto o pai e a nai ou, se é o caso, o/a titor/a legal do alumnado.


8.- Finalizada a votación procederase ao escrutinio dos votos, que será público, e unha vez realizado, levantarase acta.

INFORMACIÓN SOBRE A RENOVACIÓN PARCIAL DOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR

O venres, 29 de outubro, ás 9:15 horas, tivo lugar o sorteo dos membros para a formación da Xunta Electoral (órgano encargado de organizar e supervisar o procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar). 

Esta Xunta Electoral estará formada por: 

  • Directora: Marta Pérez Lage
  • Profesora: Bibiana Santos Docal
  • Persoal non docente: Esther Díaz Meira
  • Nai: Ana Fernández-Noriega Eiroa

A súa constitución realizarase o mércores, 3 de novembro, ás 9:15 horas

CONSELLO ESCOLAR

COMEZA O PROCESO ELECTORAL DA RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR 2021

CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL

De conformidade co establecido na Resolución do 20 de setembro de 2021 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, realizarase proximamente neste Centro a RENOVACIÓN PARCIAL do CONSELLO ESCOLAR.A xunta electoral, co fin de que todos os sectores implicados poidan participar, cumprindo sempre con todas as medidas hixiénico-sanitarias e de seguridade marcadas pola crise sanitaria da COVID-19 e dentro das posibilidades de cada centro, establecerá un calendario para as votacións correspondentes.

 

O proceso electoral comeza coa formación da XUNTA ELECTORAL, órgano encargado de organizar e supervisar o procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar. Esta Xunta Electoral está formada por:  

    - O Director ou directora do Centro.

    - Un profesor ou profesora.

    - Un pai ou nai ou titor legal.

    - Un representante do persoal de administración e servizos

Os tres últimos serán designados por sorteo e celebrarase neste Centro o próximo venres, 29 de outubro, no salón de actos ás 9:15 horas.

A función desta Xunta Electoral é organizar e supervisar o procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar e fixará o CALENDARIO DAS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR.

 

O consello escolar é o órgano a través do cal PARTICIPAN NA XESTIÓN DO CENTRO os distintos membros da comunidade escolar.  

COMPETENCIAS

O consello escolar do CEIP de Celeiro está composto polos seguintes membros:

  1. O director/a, que será o seu presidente.
  2. O/A xefe de estudos
  3. Un/unha representante do concello.
  4. Un/unha representante do persoal non docente
  5. Cinco mestres elixidos polo claustro
  6. Cinco representantes dos pais/nais de alumnos/as (un proposto pola ANPA)
  7. O secretario/a do centro, con voz, pero sen voto.

Cada dous anos renóvase parcialmente o consello escolar. Tocaba renovación en novembro de 2020, pero por mor da pandemia quedou adiada ata este novembro 2021, onde serán renovados 3 profesores/as, dous pais/nais e o persoal non docente.

COMISIÓNS DENTRO DO CONSELLO ESCOLAR

Tal como especifica a lexislación existirán no seo do Consello Escolar distintas comisións que facilitan o seu funcionamento.

COMISIÓN ECONÓMICA

Estará formada polo/a director/a, un mestre/a, un pai/nai de alumno/a e o secretario/a do centro.

COMISIÓN DE CONVIVENCIA

A súa composición: Director/a, 3 profesores/as (xefe/a de estudos, orientador/a e un profesor/a-se coinciden os cargos serán 2 profesores/as), 2 pais/nais, 1 representante do persoal de administración e servizos e o representante do concello. Os profesores/as non teñen que pertencer ao Consello Escolar.

COMISIÓN DA BIBLIOTECA

A Comisión de biblioteca terá a seguinte composición:

 - Por parte do Consello Escolar:

Un profesor/a,

Un pai/nai,

Un representante da dirección,

- Por parte da Asociación de Nais e Pais, un representante;
- O/A responsable da biblioteca escolar, quen actuará como secretario/a.

Distribuir contido


by Dr. Radut