Skip to Content

MEDIOAMBIENTE

Coidando o noso mar.

Durante estes días de finais de curso estamos inmersos nunha morea de actividades. Especialemnte para conmemorar o Día do Medio Ambiente e o Día dos Océanos.

Nesta ocasión contamos coa visita da Serea Piscis, Antonia Sánchez González, que é, entre outras disciplinas: Instructora da Federación Española de Actividades Subacuáticas (FEDAS), Instructora  Nacional de buceo autónomo, de Salvamento e Rescate, de Interpretación de Patrimonio Histórico Sumergido, de Sereas,... e que nos fixo pasar unha mañá extraordinaria, contando contos de sereas e de coidado do medio mariño. Nesta xornada tamén  realizamos unha limpeza de microplásticos na praia.

Onte acompañáronos tamén monitoras de Porto de Celeiro para ensinarnos o que debemos facer cada un de nós para coidar o mar e tamén contamos coa presenza de Eduardo Míguez, director adxunto de Porto de Celeiro e que  agasallou a todo o alumnado cunhas gorras.

Non menos importante foron as actividades realizadas por PratoDo, con actividades divertidas para coidar a contorna e como non, os mares.

GRAZAS A TODXS.

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Durante dúas semanas estivemos preparando o Día de Rosalía.

Esta actividade está basada no libro: "O herbario de Rosalía" de María López-Sandez  e María Isabel Fraga. Fotografía de Miguel Fraga Vila

Para iso realizamos serigrafía con distintas técnicas: con flores que fomos buscar aos arredores do centro, con pintura acrílica, con témpera. Ademáis fixemos murais con plastilina e papel. Un album con luz fosforescente e distintas actividades plásticas. Cada alumn@ vai levará o seu propio traballo para a súa casa.

Esta actividade tivo como obxectivo coñecer a obra de Rosalía de Castro a través das flores. Resultou moi motivadora e experimentamos ese amor tan especial que Rosalía tiña polas flores silvestres.

 

 

Limpeza de praias

Hoxe todo o alumnado de primaria  do CEIP de Celeiro participou nunha xornada de limpeza simultánea de praias en colaboración con ADEGA e coa gran axuda que sempre nos brinda a Asociación Pratodo.

Sabemos que un dos grandes problemas da nosa sociedade é o plástico que acaba en pequenos anacos polas praias e os mares e que termina en moitas ocasións no interior dos peixes, e polo tanto, nas persoas.

Participamos e concienciamos ao noso alumnado da importancia de que  ter uns mares sen plástico é ter uns mares con vida.

Podemos ver o vídeo que resume o noso día.

 

 

 

CHEGOU A PRIMAVERA Á BIBLIOTECA

Os nenxs de 2º de Educación Primaria recolleron as flores, que naceron dos bulbos plantados no inverno, no patio da bibioteca.

PREME NA IMAXE PARA VER O VÍDEO

VISITA DOS AXENTES FORESTAIS E MEDIOAMBIENTAIS

Hoxe recibimos na biblioteca aos axentes forestais e medioambientais da Consellería do Medio Rural.

Con eles aprendimos a protexer o noso medio ambiente. Ensináronos a importancia do respeto pola natureza, axudándonos a plantar árbores e poñer niños na contorna co colexio.

Utilizamos os seus utensilios de traballo, como mangueiras, ... e, sobre todo, aprendimos a importancia da súa labor na extinción dos incendios forestais. Desde aquí agradecemos moitísimo a dedicación e agarimo que nos demostraron en todo momento. GRAZAS!!!

PREME NA IMAXE PARA VER O VÍDEO

Un día de reciclaxe

Na mañá do xoves, 24 de novembro, as nenas e nenos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria tiveron un día moi ameno e vinculado ao medioambiente e a  reciclaxe.

Primeiramente clasificaron todo o lixo recollido fai unhas semanas no lavodoiro e na fonte de Celeiro, para máis adiante facer unha obra artística con todo o seleccionado e reciclar o resto nos contedores correspondentes.

Despois asistiron a unha charla organizada por SOGAMA para explicarlles o uso dos novos contedores marróns e facer un breve repaso por todos os outros.

LIMPEZA MEDIOAMBIENTAL

O pasado xoves, 20  de outubro, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria participou na recollida de lixo e limpeza do lavadoiro, fonte e  o Rego do Monte e arredores.

Esta actividade estivo organizada pola Asociación PRATO_DO dentro do programa de voluntariado ambiental Globo Marruán.

Queremos, desde o colexio, dar as gracias por contar coa nosa colaboración e tamén felicitalos pola estupenda iniciativa.

O noso alumnado recolleu preto de 90 quilos na fonte de Térceras e no Rego do Monte.

Foi unha mañá moi produtiva cunha aprendizaxe moi directa sobre o coidado do Medioambiente que tan necesario é traballar desde o colexio.

NESTA PÁXINA PODEMOS VER MOITAS ACTIVIDADES

PREME NA IMAXE PARA VER AS FOTOS DA XORNADA

PREME NA IMAXE PARA VER OS DEBUXOS REALIZADOS POLO ALUMNADO DE 3º DE PRIMARIA DESPOIS DA RECOLLIDA DO LIXO

Distribuir contido


by Dr. Radut