Skip to Content

MATRÍCULA PARA O ALUMNADO DE NOVO INGRESO

Hoxe comeza o prazo de matrícula para o alumnado de novo ingreso que solicitou praza neste centro ou foi remitido a el por non obter praza noutro centro educativo.

O prazo para formalizar a matrícula será do 20 ao 30 de xuño, ambos incluídos.

Para solicitar a documentación e entregar a mesma, realizarase na secretaría do centro. Tamén se pode descargar a documentación nos arquivos adxuntos.

Os documentos que se deben presentar serán os seguintes:

- Impreso de matrícula.

- Enquisa sobre o uso da lingua materna

- Autorizacións:

  • Elección de ensinanzas.
  • Recollida do alumnado (no caso de non ser recollido polos pais/nais ou titores legais).
  • Uso da imaxe persoal do/a alumno/a.
  • Realización de actividades previstas na Programación Xeral Anual.

- O alumnado de infantil deberá acompañar a documentación con dúas fotos tamaño DNI

- Certificado de matrícula do centro do que procede (só para Educación Primaria)

NOTA: Os papeis de matrícula deberán vir firmados polas dúas persoas proxenitoras.

AdxuntoTamaño
AUTORIZACIÓN IMAXE (ALUMNADO).pdf138.37 KB
ACTIVIDADES PXA.pdf119.1 KB
ENQUISA SOBRE A LINGUA VEHICULAR EN INFANTIL.pdf207.23 KB
LINGUA ESTRANXEIRA_PC.pdf116.49 KB
RECOLLIDA ALUMNADO.pdf122.96 KB
ANEXO FORMALIZACIÓN MATRICULA.pdf427.05 KB


book | by Dr. Radut