Presentamos o cartel de actividades da Microrrede A Mariña.
Entre os días 7 a 10 de maio vaise celebrar, na Sala de Exposicións do Concello de Viveiro, unha nova edición co tema: "Microrrede a Mariña. Homenaxe a Ibáñez".
O noso centro colabora con diversos deseños. A obra principal é un dos espacios que tan ben recreaba Ibáñez con ese edificio icónico DA RÚE 13 DO PERCEBE. Trátase dunha obra plástica que desenvolveu o alumnado de 4º e 5º de EP, en donde se pode apreciar como un gran barco pesqueiro choca e entra na cociña de Otilio. O que nun principio parecía un caos absoluto, vólvese na oportunidade de celebrar un festín no que Otilio é o gran protagonista. Grazas que o helicóptero gardacostas entra en escena para gran sorpresa de Neptuno. Ao final todo queda nun susto. Tal como imaxinaría Ibáñez.
O alumnado de 6º de EP colaborou realizando unha fantástica viñeta do Cómic colaborativo, na que unha grande representación de centro educativos da Mariña estiveron a desenvolver durante este curso académico.
Como traballo individual contamos coa elaboración de cómics por parte de todo o alumnado do Centro en colaboración coas súas familias. Sempre temos unha gran acollida e a participación é extraordinaria. Non podemos deixar de agradecer tanto esforzo por parte de tod@s.
NORABOA EN MAIÚSCULAS!!!