Xa podedes consultar as listaxes provisionais da relación de alumnado que se beneficiará do Fondo Solidario de libros de texto.
As listaxes están publicadas no taboleiro ubicado dentro do recinto escolar e na aplicación Fondolibros
O alumnado que non apareza como beneficiario terá 2 días para presentar reclamacións.
Seguindo instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, non podemos publicar as listaxes de alumnado na páxina web nin no taboleiro exterior, en base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais.