CONCURSO ESCOLAR MEDIO AMBIENTE
Edición 2023
A OPP 77 PUERTO DE CELEIRO, S.A., con CIF A27175553 e enderezo social en Muelle Pesquero Sur, s/n. 27863 Celeiro (Viveiro), en colaboración co CEIP de Celeiro, convoca o CONCURSO ESCOLAR MEDIO AMBIENTE MARIÑO, que se rexerá polas presentes bases legais.
1. Obxecto e ámbito territorial
O concurso ten como obxectivo contribuír a concienciar ao alumnado sobre a reconstrución de ecosistemas no mundo mariño e o coñecemento da realidade económica e social do seu entorno pesqueiro e dos produtos da pesca, así como profundar nos coñecementos en materia de cambio climático e os seus efectos sobre os océanos e a vida mariña, a sostebilidade da actividade pesqueira, a importancia do mar e dos produtos pesqueiros para a seguridade alimentaria mundial e a necesidade de preservar a biodiversidade mariña.
O concurso está dirixido ao alumnado de Educación Primaria cursos 5º e 6º do centro educativo CEIP de Celeiro.
A inscrición no concurso será xestionada polo profesorado de cada aula acordo co recollido na cláusula cuarta.
2. Ámbito temporal
As datas claves do concurso son as seguintes:
• 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente e Día Internacional da loita contra a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada. Arranca o período de inscrición e recepción dos traballos que terá lugar entre o 5 de xuño e o 16, xornada previa ao Día da loita contra a desertificación.
• Do 19 ao 21 de xuño o Xurado revisará e deliberará sobre os traballos presentados
• Día 21 de xuño, proclamaranse os mellores traballos
• Día 23 de xuño, farase a entrega de premios aos mellores traballos e dun agasallo a totalidade dos participantes.
3. Aceptación das bases
A participación no concurso requirira a aceptación expresa das bases publicadas no sitio web do concurso www.puertodeceleiro.es
4. Requisitos e mecánica de participación.
A participación no concurso é gratuíta, voluntaria e require do cumprimento dos seguintes requisitos:
✓ Inscribirse co profesorado de cada aula
✓ Aceptar as bases do concurso
✓ Entregar en prazo o traballo co que se pretende participar
5. Proposta do traballo a presentar ao concurso.
Para este ano propoñemos que cada pequena e pequeno plasme a través dun mosaico o seu propio mar, como eles o ven, pode ser un mar, un océano, peixes, as profundidades mariñas... Será una manualidade feita polos alumnos e onde se deixará voar a súa imaxinación. Valorarase positivamente o uso de material de refugallo.
6. Selección dos mellores traballos
Os gañadores do concurso serán elixidos por un Xurado que estará composto por membros do CEIP de Celeiro, da ANPA e de PUERTO DE CELEIRO, S.A., que avaliarán os traballos presentados conforme aos seguintes criterios:
o Que o formato, técnica e materiais escollidos sexan respectuosos co medio ambiente
Unha vez seleccionados os traballos premiados, serán publicados na web do concurso www.puertodeceleiro.es e na web do CEIP http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipceleiro e o CEIP porase en contacto co alumnado premiado.
7. Premios
Agasallo por participar: cada alumno ou alumna que participe recibirá XXX
PREMIOS á ORIXINALIDADE PREMIO á MELLOR TÉCNICA
8. Protección de datos de carácter persoal e cesión dos dereitos de imaxe
Mediante a aceptación das presentes bases, o CEIP de Celeiro cede a OPP 77 PUERTO DE CELEIRO, S.A., en exclusiva, de forma gratuíta, para todo o mundo e sen límite de tempo, os dereitos de imaxe que puideran corresponderlle como consecuencia da súa participación no concurso, para xestionar a publicidade do mesmo e os resultados e difusión destes.
O profesorado participante manifesta expresamente baixo a súa responsabilidade haber recadado o consentimento expreso de todos os terceiros (de seus país ou titores legais) que aparecen nos traballos presentados.
9. Propiedade intelectual
Ao participar no concurso, o alumnado cede a OPP 77 PUERTO DE CELEIRO, S.A., en exclusiva, todos os dereitos de explotación, sen exclusión de ningún, sobre os traballos presentados ao concurso, de tal xeito que a OPP 77 queda facultada para fixar, editar, reproducir, distribuír, por a disposición do público, comunicar ao público en calquera medio, soporte ou plataforma en todo o mundo, durante o tempo que permite a lexislación aplicable, sen percibir remuneración algunha.
O profesorado fai, respecto aos dereitos de explotación das aportacións dos alumnos, idéntica manifestación que a realizada respecto do tratamento de datos persoais e dereitos de imaxe, isto é, que están autorizados para a cesión dos citados dereitos de explotación en favor de OPP 77 co mesmo alcance previsto no primeiro parágrafo desta cláusula 9.
10. Xurisdición e lexislación aplicable
As presentes bases serán interpretadas e rexeran conforme a lexislación autonómica e estatal e para calquera cuestión litixiosa o CEIP de Celeiro e a OPP 77 renuncian expresamente a outros fueros que puideran corresponderlles, someténdose a xurisdición e competencia exclusiva dos xulgados e tribunais de Lugo capital.