Skip to Content

AXUDA PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2023/2024

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO

Para o alumnado de 1º e 2º de primaria no curso 2023-2024

  • Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000€: 240€
  • Renda per cápita familiar dende 6.000 ata 10.000€: 160€

AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR

Para todo o alumnado de primaria no curso 2023-2024

  • Renda per cápita igual ou inferior a 6.000€: 75€
  • Renda per cápita dende 6.000 ata 10.000€: 60€

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Serán beneficiarios desta axuda o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria.

O alumnado de 5º e 6º, queda excluído por estar traballando con E-DIXGAL, agás aquel alumnado que teña NEAE (necesidades específicas de apoio educativo), que poderá solicitar a axuda para adquirir libros de texto. Enlace á Orde no DOG

 

Prazo de presentación de solicitudes

Do 20 de maio ao 21 de xuño de 2023

Documentación

Deberá reflectir a situación persoal, familiar e económica a 31 de decembro de 2021

  • A solicitude do modelo ED330B debidamente cuberta e asinada (Anexo I e II)
  • Fotocopia do libro de familia
  • No caso de separación ou divorcio, fotocopia da última sentenza ou convenio regulador, onde conste a custodia do/a menor
  • No caso de que a unidade familiar non coincida, certificado de convivencia (padrón)

Presentación de solicitudes

A solicitude poderase presentar:
  • Sede electrónica a través da Aplicación Fondolibros

Lembren que para o emprego da Sede Electrónica e/ou Fondolibros deberán empregar a chave365 ou certificado dixital

 

  • Na secretaría do centro, no seguinte horario: Luns de 9 a 9.50 e de 13.10 a 14.00; Martes e xoves de 12.20 a 13.10; Mércores e venres de 13.10 a 14.00

Prazos

Presentación solicitudes: ata o 21 de xuño

Publicación provisional: 5 de xullo

Reclamacións: 6 e 7 de xullo

Publicación definitiva: 10 de xullo

Entrega de libros: 4 e 5 de setembro

Entrega de vales: 4 e 5 de setembro

 

Seguindo instrucións, non podemos publicar as listaxes de alumnado na páxina web nin no taboleiro exterior, en base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais, polo que serán publicadas no taboleiro ubicado dentro do recinto escolar.


NOTA: O alumnado de 6º deberá presentar a solicitude no IES no que están admitidos



book | by Dr. Radut