Estimados socios, dende a Anpa do CEIP de Celeiro poñémonos en contacto con vós de cara a facilitarvos a información sobre a devolución e a solicitude de libros pertenecentes o banco solidario da Anpa.
De cara a facilitar a devolución dos libros, esto fárase o mesmo día que a devolución na escola dos libros da Xunta. O 23 DE XUÑO en horario de maña.
Para a súa devolución só é necesario traer os libros en bo estado, sen subliñar nin deteriorados e cubrir un impreso no momento (cos datos da persoa que realiza a devolución, os datos do alumno e os libros devoltos).
Se algún socio por incompatibilidade de horario non pode vir, pode mandar a outra persoa ou poñerse en contacto coa Anpa mediante o correo electrónico para poder concretar unha data de recollida.
A solicitude de libros pertenecentes ao banco de libros da Anpa para o vindeiro curso 2022/2023, so será nececaría para os cursos de 3° e 4°primaria, xa que os cursos de 5° e 6° de primaria entran no programa da Xunta E-dixgal e polo tanto non precisa libros de texto. Os requesitos para solicitar estes libros son:
-
Os libros non se poderán subliñar nin escribir con bolígrafo e deberán ser borrados e entregados en boas condicións e forrados non caso de que o precisen. Os libros que non sexan devoltos ou volvan en malas condicións, terán que ser aboados pola familia.
-
Para poder formar parte deste Banco de libros , é necesario ter pagada a cuota/seguro da Anpa do vindeiro curso 22/23 e ter presentado o recibo bancario xustificativo do ingreso antes de retirar os libros.
O formulario para solicitar os libros podese recoller na secretária da escola, adxunto neste email e tamén na paxina web do centro no apartado da Anpa.
Aqueles solicitantes que xa sepan que non van a recibir os libros por medio da Xunta, poden cubrir o impreso e depositalo na secretaria da escola.
Os solicitante de libros da Xunta poden agardar a que salga a resolución de ditas solicitudes ou ben cubrir o impreso solicitando os libros que non son da xunta, e deixalo na secretaria unha vez cuberto.
A data da entrega de libros será a principios de setembro e tamén coincidirá con horarios da entrega de libros da escola, xa informaremos dos horarios por web ou correo electrónico.
Será ben acollida calquera donación dos libros dos cursos 3º e 4º, que cumpran os requisitos antes descritos.
Calquera dúbida poñerse en contacto coa Anpa a través do correo: anpaceleiro@gmail.com
Atentamente Anpa CEIP de Celeiro
Adxunto | Tamaño |
---|---|
compromiso banco de libros.pdf | 199.9 KB |
información banco de libros.pdf | 333.49 KB |