Skip to Content

Comunicado sobre a volta ás aulas o 10 de xaneiro

Como saben, Galicia, en permanente coordinación cos Ministerios competentes en sanidade e educación, volverá ás aulas o día 10 de xaneiro de acordo co calendario escolar e o protocolo que ven funcionando desde principio de curso (https://www.edu.xunta.gal/portal/node/35304). A Consellería de Cultura, Educación e Universidade ven traballando coa Consellería de Sanidade para dar a mellor resposta posible á comunidade educativa nesta situación de alta transmisividade na que nos atopamos, desde as evidencias que amosan que os centros educativos son espazos seguros. Os protocolos teñen amosado a súa eficacia polo que é preciso que se sigan aplicando con rigor, tal e como se fixo ata o de agora, insistindo no uso axeitado da máscara para persoas de 6 ou máis anos e a ventilación cruzada de acordo ás pautas do protocolo.

 

A partir do día 10 de xaneiro, coa volta ás aulas logo das vacacións, volverán a cargarse os casos en Educovid por parte da CSC, para o control e seguimento epidemiolóxico, requiríndose novamente a colaboración dos Equipos Covid dos centros. Como saben, de acordo coas novas pautas establecidas a nivel nacional, os casos activos deberán seguir un illamento de 7 días máis 3 de vixilancia activa contados desde o inicio de síntomas ou a toma de mostra para proba diagnóstica no caso de asintomáticos. Os contactos estreitos de 12 ou máis anos con pauta vacinal completa seguirán unha vixilancia activa durante 7 días con especial atención ao inicio de síntomas. Os menores de 12 anos e outras persoas sen a pauta vacinal completa deberán facer unha corentena de 7 días máis 3 de vixilancia activa. A pertinencia de probas diagnósticas, test de detección, etc, serán sempre determinadas por Sanidade en función da situación e protocolos en cada momento.

En todo caso, os períodos de corentenas e illamentos serán os que Sanidade paute nas súas guías e protocolos, que son documentos vivos e van adaptándose á situación cambiante.

REVISA O PROTOCOLO DO COLEXIO

PREME NA IMAXE



page | by Dr. Radut