Skip to Content

INFORMACIÓN DA ANPA

Estimados socios,
 
A Anpa do Ceip de Celeiro convoca a reunión ordinaria para o próximo venres 26 de novembro as 18:15 no pavillón do centro. Nela farase un resumo do pasado curso 20/21 e unha presentación dos diferentes proxectos do 21/22.
Para todos aqueles que non poidades asistir pasamos a desenrolar brevemento o contido de dita reunión.
 
Curso 20/21 (primeiro curso COVID-19)
 
A anterior Anpa e maila actual conseguimos a pesar de todas as dificultades (admisnistrativas e sanitarias), poder ofertar o pasado curso o servicio de comedor e de actividades extraescolares para os cales fíxose inversións en material contra a Covid (mamparas, mascaras, xel, desinfectante,...).
 
Coma todos os anos na época de Nadal colaboramos co centro nos agasallos do apalpador para as aulas dos diferentes cursos do centro.
 
Presentamos a subvención de igualdade para realizar diferentes actividades para nenos e pais (charlas interactivas, teatro, xogos colaborativos...). Dita subvención non foi concedida debido a escasez de fondos para todos os proxectos presentados en Galicia.
 
Sentamos as bases dos diferentes proxectos a realizar o curso 21/22 que desenrolaremos a continuación.
 
No mes de xuño por fin as normas sanitarias permitirinos brindarlles os noso nenos un concerto de rock por parte de "A gramola gominola".
 
Como anos anteriores temos agradecer a venda de lotería por parte dos socios xa que xunto coas cuotas son a maioría dos nosos ingresos.
 
Debido as dificultades presentadas durante o curso 20/21 a hora de realizar actividades quedounos un balance positivo nas contas. Dito excedente xa está destinado a diversos proxectos do 21/22.
 
Curso 21/22
 
Como no curso anterior o Anpa segue ofertando o servizo de comedor e actividades extraescolares para unha mellor conciliación laboral e familiar.
 
Este ano cambiamos a venda de lotería por rifas debido a negativa do banco a facer os pagos das papeletas, sendo esto algo difícil de xestionar pola nosa parte. A cambio pedimos a colaboración o Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro para a confección dunhas rifas. Agradecemos de novo a vosa colaboración.
 
Agora pasamos a presentar os diferentes proxectos de cara a este curso:
 
1- XOGOS DO PATIO. Unhas semanas atráis os nosos nenos trouxeron do centro unha folla onde podían propoñer ideas para mellorar o noso patio. Polo de agora hai 5 ideas seleccionadas das cales xa estamos a traballar para a confección dunha delas ("cociña para o horto). Outros proxectos seleccionados foi o pintado de pistas para diversos deportes na pista o aire libre, pintado de xogos, circuitos,...
2- INSTALACIÓN DE TARIMA NAS AULAS DE INFANTIL. Dende o centro propúxose a Anpa unha colaboración a 3 bandas (centro, concello e Anpa) para poder brindar aos máis pequeniños un chan máis confortable para eles.
3- ACTIVIDADES FIN DE TRIMESTRE. O primeiro trimestre xa temos pechado o espectáculo "O axudante de Papa Noel" a cargo de Mocmoc espectáculos que se levará a cabo o 10 de decembro no teatro Pastor Díaz en horario lectivo.
De cara a final do curso gustarianos facer unha festa de colchonetas, xogos,... que xa tiñamos apalabrada o ano pasado e que pola situación da Covid no noso concello tivo que suspenderse.
4- CHARLAS INFORMATIVAS. A Anpa esta a buscar diferentes charlas didácticas tanto para o alumnado como para os pais (neste caso de carácter online xa que sabemos as dificultades de ceñirse a un horario).
 
Por outra banda a subvención do comedor esta presentada, estamos no periodo de espera a sua resolución.
 
Esperamosvos o día da reunión para ampliar información e resolver dubidas. Os que non poidades asistir xa sabedes que este canle anpaceleiro@gmail.com sempre está a vosa disposición. Sen máis,
Un saudo
 
ANPA CEIP de Celeiro


page | by Dr. Radut