O CONSELLO ESCOLAR é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do centro. Cada dous anos, no mes de novembro, teñen lugar as eleccións ao Consello Escolar.
A XUNTA ELECTORAL deste Centro (constituída o mércores, 3 de novembro), ordena a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar, SECTOR DE PAIS E NAIS DO ALUMNADO, segundo as seguintes normas:
1. Corresponde elixir no presente proceso electoral a 2 pais/nais, dun total de 5 que debe ter o Consello Escolar. Dúas nais continúan como consecuencia da súa elección anterior, no ano 2018, xa que a renovación é sempre parcial. O/A quinta representante solicitaráselle a ANPA
2.- Son electores todos os pais e nais ou, se é o caso, os titores/as legais do alumnado matriculado no Centro. O censo está exposto no taboleiro de anuncios. As reclamacións ao referido Censo realizaranse mediante escrito razoado dirixido á Xunta Electoral, ata o día 15 de novembro.
3.- Son elixibles os pais e nais ou, se é o caso, os titores/as legais, que formulen a súa candidatura oficial segundo o modelo que se facilitará na Secretaría do Centro. As candidaturas poderán ser presentadas dende o día 4 de novembro ata o día 12 de novembro.
4.- O sorteo dos membros da mesa electoral realizarase en acto público, entre os pais/nais que non se presenten como candidatos/as, o día 19 de novembro, ás 9:15 horas na biblioteca do centro. Dita mesa electoral estará composta pola Directora do Centro, que actuará como Presidenta, e dous pais/nais ou titores/as legais, actuando de secretario/a o de menor idade.
5.- As votacións das familias realizaranse neste Centro o martes 23 de novembro de 9:10 a 10:00 h e de 13:00 a 13:45 h en horario de mañá e de 16:00 a 17:00 horas en horario de tarde. A mesa electoral será constituída o mesmo día, en acto público, ás 8:50 horas.
6.- Na papeleta de votación cada elector/a fará constar un máximo de dous nomes dos candidatos presentados, debendo acreditarse co seu D.N.I. ou documento similar. O voto será directo e non delegado e non se admite o voto por correo.
7.- Teñen dereito ao voto o pai e a nai ou, se é o caso, o/a titor/a legal do alumnado.
8.- Finalizada a votación procederase ao escrutinio dos votos, que será público, e unha vez realizado, levantarase acta.