SERVIZO DE COMEDOR E VIXIANZA
MENÚS DO COMEDOR ESCOLAR
Dito servizo recolle os seguintes conceptos:
- Menú a disfrutar do catering Twity de Burela.
- Servizo de mesa e coidadora ata as 16:00 por parte da empresa Eureka Actividades.
- Mantemento do comedor: limpeza, electrodomésticos (lavavaixelas, forno, cociña, mamparas, menaxe).
COTAS
A cota do mes de setembro será de medio mes (52,5€) para os usuarios que comenzaron os días 9 e 13 de setembro.
Os nenos que comenzan o finalizar o período de adaptación, 22 de setembro, pagarán 32€.
A partir de outubro e ata final de curso a mensualidade será de 105€ (habendo descontos para irmáns).
O bono de 5 días será de 35€ e o menú ocasional de 8€.
NORMAS DE PAGAMENTO
A cota de cada mes será abonada na conta da Asociación en ABANCA ES16-2080‐0154‐5930-4000-4209 durante os 5 primeiros días de cada mes.
As cotas de setembro serán abonadas coas de outubro, xa que non se puido facer a reunión anteriormente.
Aqueles usarios que xa as fixeron xa están anotados. No caso de ter que facer unha pequena regularización xa vos mandaremos un email concreto a cada usuario.
Se a cota non é abonada durante os 5 primeiros días, prodecerase ao aviso de tal impago. De persistir dito impago o usuario quedará expulsado do comedor.
NORMAS DE ASISTENCIA
No caso de ausentarse un día ou varios días, pedímosvos que nos avisedes, antes das 9:30 horas de dito día para non encargar menús de máis, ao correo eléctronico ou as números de teléfono: 690631014 - 605197488 (a partir de novembro).
No caso de darse de baixa do comedor será necesario avisar con 15 días de antelación.
Calquera dúbida quedamos a vosa disposición.
ANPA DE CEIP DE CELEIRO