COMEZA O PROCESO ELECTORAL DA RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR 2021
CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL
De conformidade co establecido na Resolución do 20 de setembro de 2021 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, realizarase proximamente neste Centro a RENOVACIÓN PARCIAL do CONSELLO ESCOLAR.A xunta electoral, co fin de que todos os sectores implicados poidan participar, cumprindo sempre con todas as medidas hixiénico-sanitarias e de seguridade marcadas pola crise sanitaria da COVID-19 e dentro das posibilidades de cada centro, establecerá un calendario para as votacións correspondentes.
O proceso electoral comeza coa formación da XUNTA ELECTORAL, órgano encargado de organizar e supervisar o procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar. Esta Xunta Electoral está formada por:
- O Director ou directora do Centro.
- Un profesor ou profesora.
- Un pai ou nai ou titor legal.
- Un representante do persoal de administración e servizos
Os tres últimos serán designados por sorteo e celebrarase neste Centro o próximo venres, 29 de outubro, no salón de actos ás 9:15 horas.
A función desta Xunta Electoral é organizar e supervisar o procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar e fixará o CALENDARIO DAS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR.
O consello escolar é o órgano a través do cal PARTICIPAN NA XESTIÓN DO CENTRO os distintos membros da comunidade escolar.
O consello escolar do CEIP de Celeiro está composto polos seguintes membros:
- O director/a, que será o seu presidente.
- O/A xefe de estudos
- Un/unha representante do concello.
- Un/unha representante do persoal non docente
- Cinco mestres elixidos polo claustro
- Cinco representantes dos pais/nais de alumnos/as (un proposto pola ANPA)
- O secretario/a do centro, con voz, pero sen voto.
Cada dous anos renóvase parcialmente o consello escolar. Tocaba renovación en novembro de 2020, pero por mor da pandemia quedou adiada ata este novembro 2021, onde serán renovados 3 profesores/as, dous pais/nais e o persoal non docente.
COMISIÓNS DENTRO DO CONSELLO ESCOLAR
Tal como especifica a lexislación existirán no seo do Consello Escolar distintas comisións que facilitan o seu funcionamento.
COMISIÓN ECONÓMICA
Estará formada polo/a director/a, un mestre/a, un pai/nai de alumno/a e o secretario/a do centro.
COMISIÓN DE CONVIVENCIA
A súa composición: Director/a, 3 profesores/as (xefe/a de estudos, orientador/a e un profesor/a-se coinciden os cargos serán 2 profesores/as), 2 pais/nais, 1 representante do persoal de administración e servizos e o representante do concello. Os profesores/as non teñen que pertencer ao Consello Escolar.
COMISIÓN DA BIBLIOTECA
A Comisión de biblioteca terá a seguinte composición:
- Por parte do Consello Escolar:
Un profesor/a,
Un pai/nai,
Un representante da dirección,
- Por parte da Asociación de Nais e Pais, un representante;
- O/A responsable da biblioteca escolar, quen actuará como secretario/a.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Competencias do Consello Escolar.pdf | 30.86 KB |