Skip to Content

EDLG

GRAN FESTA DE ENTROIDO

O venres, 17 de febreiro, o colexio encheuse de disfraces moi diversos e divertidos. Foi un día moi especial pois realizamos o xa tradicional desfile polas rúas do Chao, acompañáronnos as familias que estaban desexosos de ver desfilar ás nenas e nenos. O tempo tamén nos acompañou, lucía un sol expléndido que convidaba ao paseo.

Despois do desfile degustamos os típicos doces de Entroido: rosquillas, orellas, fereixós... Rematamos bailando e xogando ao noso xeito e pasámolo moi ben!. 

Nos seguintes enlaces podemos ver o que fixemos como preparativos para esta celebración. Tamén deixamos o vídeo do desfile.

ENTRAMOS NO ENTROIDO

ACTIVIDADES DE ENTROIDO

 

 Tamén podedes escoitar unhas entrevistas realizadas polo alumnado de 6º de Primaria durante o desfile.  O son non é moi bo pero vale moito máis a súa iniciativa. Un aplauso polo seu entusiasmo!!!

ACTIVIDADES DE ENTROIDO

Unha semana chea de actividades:

  • Unha exposición de máscaras e elementos dos Entroidos máis característicos de Galicia
  • Exposición de Caroutas
  • Desfile dos Peliqueiros de 5º de Infantil.

PREME NAS IMAXES

 

RECANTO DO INVERNO

E xa está listo o recanto que dedicamos ao inverno; nesta ocasión todos os cursos de Primaria fixeron un cadro con algo relacionado co inverno: unha paisaxe, unhas noticias... e tamén os meses de xaneiro e febreiro do "Calendario Poético" do escritor Xaón Neira.

PREME NA IMAXE

ENTRAMOS NO ENTROIDO

E  xa queda pouco para O Entroido,  unha festa que no noso colexio celebramos con moita ilusión. Presentarémosvos moitas actvidades que estamos a facer:

  • Unha exposición de máscaras e elementos dos Entroidos máis característicos de Galicia
  • Exposición de Caroutas
  • Desfile dos Peliqueiros de 5º de Infantiil
  • "O MECO MANDA", durante a  seguinte semana teremos que traer vestido o que nos mande... No vídeo podemos ver os mandatos
  • Tamén podedes seguir o noso INSTAGRAM

PREME NA IMAXE

ENCONTRO NA BIBLIOTECA CON XOÁN NEIRA

Na mañá do xoves, 9 de febrero,  Xoán Neira fixo unha visita á nosa Biblioteca para presentar o seu libro "Calendario poético".

Un libro de poemas que fai percorrido polos meses do ano contando as súas características e falando das súas celebracións.

No colexio estamos a traballar estes poemas; por cursos imos a recitar e poñerlle debuxos. No mes de xaneiro xa presentamos o traballo realizado polo alumnado de 1º curso. Neste mes de febreiro as nenas e nenos de 2º presentarán o seu traballo.    

PREME NA IMAXE

NO DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

Hoxe, 30 de xaneiro, celebraremos o DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA no noso colexio. A semana pasada estivemos preparando varias actividades:

  • Realización de pequenos agasallos para intercambialos entre todas as nenas e nenos do cole. Na nosa conta de Instagram  podemos ver o que realizou cada aula de Infantil e Primaria.
  • O alumnado de 5º de Primaria realizou un programa de RADIO NA BIBLIO con esta temática.
  • Nas aulas de Educación Física, Inglés e Educación Musical  preparamos unhas cancións para cantalas todos xuntos: "Que vivan a Paz e o Amor", SIMAMAKA, "Bo día a toda a xente do lugar"
  • A través da Biblioteca comezamos un proxecto co libro "CALENDARIO POÉTICO" de Xoán Neira. Cada mes ten a súa poesía e por cursos imos a recitar e poñerlle debuxos. Comezaron as nenas e nenos de 1º curso co mes de xaneiro e no seguinte vídeo podemos ver o resultado.

PREME NA IMAXE

 

 

 

SEMANA DA CIENCIA: 4º, 5º e 6º de primaria

SEMANA DA CIENCIA EN GALEGO

NO  COLEXIO

Seguimos coas actividades que os diferentes cursos prepararon durante esta semana que estamos a traballar a Ciencia en Galego.

O mércores, 16 de novembro, foron as nenas e nenos de 5º de primaria os encargados de presentarnos os seus experimentos.

O xoves, 17 de novembro, foi o turno para o alumnado de 4º de primaria.

O venres, 18 de novembro, presentaron os seus experimentos as nenas e nenos de 6º curso.


SEMANA DA CIENCIA: 1º e 2º primaria

SEMANA DA CIENCIA EN GALEGO NO  COLEXIO

O martes, 15 de novembro, o alumnado de 1º e 2º de primaria presentaron os seus experimentos para todo o cole:

As nenas e nenos de 2º de primaria tamén realizaron unhas maquetas sobre o curso dos ríos e así o presentan no seguinte vídeo:


SEMANA DA CIENCIA: Alumnado de 3º

SEMANA DA CIENCIA EN GALEGO NO  COLEXIO

Os equipos de Biblioteca e EDLG organizan a Semana da Ciencia en Galego no noso colexio. 

O luns, 14 de novembro, comezaron as nenas e nenos de 3º de Primaria presentando o experimento de como facer "erupcionar un volcán".

Primeiramente realizaron a maqueta do volcán, despois fixeron as prácticas na clase para finalizar presentando o experimento a todo o alumnado do colexio, dentro da SEMANA DA CIENCIA (do 14 ao 18 de novembro).

VOLCÁN DE DEREK

PREME NA IMAXE

 

CELEBRAMOS O MAGOSTO

Na soleada mañá do xoves, 10 de novembro, fixemos o tradicional Magosto do noso colexio.  Preparamos cancións e bailes para amenizar a celebración e despois degustamos as castañas asadas.

Pasámolo moi ben!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut