Na ORDE do 29 de abril de 2022 regúlase a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2022/23.
AXUDAS PARA:
a) Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º e 4º de EP.
5º e 6º seguirán traballando na plataforma EDIXGAL con libros electrónicos.
b) Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en educación especial.
c) Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en E.Primaria, ESO e EE.
De xeito telemático: Enlace á web
De xeito presencial: Na secretaría do centro
Para presentación presencial: utilizaranse os
Recordamos aos beneficiarios desta axuda, no presente curso
2021-22, que deberán devolver os lotes completos de libros de texto
en préstamo (en bo estado, sen nome e libres de escritura) para
poder beneficiarse das diferentes axudas na presente convocatoria.
As datas de entrega serán comunicadas máis adiante.
PRAZO DE PRESENTACION DAS SOLICITUDES
Rematará o día 22 de xuño de 2022.
PUBLICACIÓN DAS LISTAS PROVISIONAIS
Xa se poden consultar as listaxes provisionais no taboleiro situado no interior do recinto educativo.
As listas provisionais publicaranse o día 4 de xullo no taboleiro do centro.
PRAZO DE RECLAMACIÓN ÁS LISTAS PROVISIONAIS
O prazo de reclamación ás listas provisionais será de dous días hábiles a partir da publicación, é dicir, os días 5 e 6 de xullo.
PUBLICACIÓN DAS LISTAS DEFINITIVAS
As listaxes definitivas das axudas de libros de texto, material escolar e do fondo de libros publicaranse no taboleiro de anuncios do centro o día 8 de xullo.
RECOLLIDA DOS VALES
Serán informados máis adiante.