Skip to Content

blogue debiblioteca

Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Hoxe celebramos O Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Decoramos a entrada do centro con grullas de cor violeta feitas en papel con técnica de papiroflexia. Cada un deses paxaros simbolizaba o respeto polas mulleres.

Tamén saímos ao patio para cantar unha canción moi fermosa, "Libre para voar" e bailar tod@s unid@s reivindicando a unión e a paz. Foi un acto moi emotivo no que o alumnado de Infantil participou co alumnado de Primaria. Xestos de amor e cariño co obxectivo de demostrar que SEMPRE van estar por encima de todo.

 

 

 

 

 

 

 

 

SAÍMOS DE EXCURSIÓN!

Hoxe @s nen@s de 1º e 2º desfrutaron dunha marabillosa mañá.

Primeiro, visitaron o barco museo “Boniteiro” e mais a Asociación de mariñeiros xubilados  de Burela.

Seguidamente puideron comprobar de primeira man como se fabrican artesanalmente as pezas de cerámica de Sargadelos e tamén coñecimos un pouquiño da historia desta fábrica tan prestixiosa.

Foi un día estupendo!

 

 

20 DE NOVEMBRO, DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

Para conmemorar o Día Universal da Infancia realizamos diferentes actividades: murais, debuxos...  e viñemos tod@s en pixama como lembranza a todos aqueles menores que  non teñen unha familia.

Foi moi divertido!!!

MAGOSTO ENTRE XOGOS

 

Mañá intensa de xogos no pavillón para celebrar o Magosto entre risas.

Como parte da celebración do Magosto realizamos un circuíto de xogos.

Grandes e pequenos disfrutamos co acompañamento dos alumnos de sexto, que exerceron de monitores como auténticos profesionais.

Diversión e castañas a partes iguais!!

PREME NA IMAXE PARA PODER VER O VÍDEO

 

  

 

 

 

Plan Director

Esta semana tivemos as charlas de Plan Director coa Policía Nacional.

Estas charlas leváronse a cabo en 5º  e 6º de Educación Primaria e trataron sobre o acoso escolar e a ciberseguridade; ambos temas moi necesarios na actualidade.

Visita do alumnado de 3º e 4º curso de EP a Aspanane

O alumnado de 3º e 4º de EP visitou as instalacións de Aspanane en Celeiro. Foi unha visita moi interesante. Estivemos en tres obradoiros: serigrafía, carpintería e cerámica.

Explicáronos como era o seu traballo e vimos as pezas que facían por encargo. Venden a particulares ou ben a asociacións, clubes deportivos,...de toda a comarca. Agasalláronos con dous bonitos recordos. Grazas ao persoal tan atento que nos ensinou o centro e, por suposto  aos seus alumn@s.

PREME NA IMAXE PARA PODER VER O VÍDEO

Grazas polas vosas propostas de libros no buzón de suxestións

A primeira proposta de novos libros no buzón de suxestións foi o libro "Sonríe" de Raina Telgemeier. Escritora californiana.

Trátase dunha historia verídica dunha moza que tropeza e rompe uns dentes. O feito de non poder sorrir por este motivo, faille perder o sorriso... pero mellor propoñémosvos ler o libro.

Unha novela gráfica en forma de cómic.

Grazas ao alumn@  que fixo esta proposta.

 

 

 

DÍA CARGADO DE ACTIVIDADES EN SAMAÍN

Durante esta semana celebramos o Samaín cargado de actividades.

Aquí deixamos  unha pequena mostra  de cada unha delas.

PREME NA IMAXE PARA PODER VER O VÍDEO

Photocall Samaín

Aqui tedes un vídeo do noso Photocall de Samaín.

VOLUNTARIADO, DOAZÓN DE EXEMPLARES E NOVA ADQUISICIÓN DE FONDOS E ACTIVIDADES

Aínda queda tempo para modificar algunha estantería e recuncho da biblioteca, pero nada sería posible sen a colaboración do alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria.

Colaboran nos recreos e mostran un interese especial polas novas actividades propostas.

Axudaron a colocar, a escoller novos contos e libros, a dar as súas suxestións.

Ademáis dende a biblioteca promovemos o reciclaxe de fondos e contamos coa colaboración de Otero Regal, que recolleu moitos exemplares que non se estaban a utilizar na biblioteca, por medio de Anxo e Xoán de 4º de Primaria e a súa nai.

Tamén escolleron libros para levar ao Seminario de Terras de Viveiro por medio de Vicente Míguez, antigo mestre do colexio. Julia de 6º de Educación Primaria levou fondos audiovisuais para Cáritas de Celeiro,...moitos nen@s levaron dvds e cada nen@ do centro levou un exmplar para a súa casa.

Cada persoa que veu contar un conto, anécdota,...levou tamén de agasallo un libro.

Unha mellor  vida útil para cada un destes fondos.

GRAZAS E MÁIS GRAZAS A TOD@S

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut