Skip to Content

ACTIVIDADES NA BIBLIOTECA

Proxecto competencial

O alumnado de 3º de EP. levou a cabo un proxecto de Maruja Mallo impresionante, con debuxos e textos que mostraban a súa biografía.

Noraboa!!!

VISITA DA BANDA DE MÚSICA DO CONSERVATORIO DE VIVEIRO

Onte recibimos a visita da Banda de Música do Conservatorio de Música de Viveiro.

Foi unha xornada de risas e boas vibracións.

Disfrutamos moitísimo da presenza de antigos alumnos do colexio e tivemos  a oprtunidade de tocar diferentes instrumentos de vento- metal e vento-madeira.

Mil grazas a todxs, especialemente a Álvaro, Samuel, Yeray, Pablo e Antón.  

 

PREME NA IMAXE PARA PODER VER O VÍDEO

 

XORNADA MEDIOAMBIENTAL

O venres pasado Porto de Cleiro e Lucas Requejo organizaron unha actividade centrada no coidado dos océanos.  Esta iniciativa,  financiada pola Xunta de Galicia e o FEMP (Fondo Europeo Marítimo e da Pesca),  nace  froito do convenio de colaboración entre o CEIP de Celeiro e Porto de Celeiro S.A OPP-77 para promover actividades que contribúan a concienciar ao alumnado de Celeiro sobre o medio ambiente mariño, e o coñecemento da realidade económica e social da súa contorna e dos produtos de pesca.

 

 Nesta xornada tivemos actividades como: Coidado do medio próximo ao centro para o alumnado de E. Infantil e percorrido por Celeiro ata a praia para facer facer unha recollida de lixo para E. Primaria. Así como charlas e deseño de carteis.

O obxectivo é que sexa unha xornada lúdica pero tamén de aprendizaxe sobre o mar e a necesidade de coidar e respectar o medio ambiente.

O alumnado de 5º e 6º de Primaria está convocado a participar nun concurso onde poderán deixar voar a súa imaxinación e creatividade coa presentación dunha manualidade onde deixarán patente o que para elas e eles significa o mar. Valorase de xeito positivo a utilización de materiais de refugallo. Trátase dunha actividade onde quedará plasmada a vea artística destas pequenas e pequenos. 
 
 
 
PREME NA IMAXE PARA PODER VER O VÍDEO

Visita de usuarixs e personal do Centro de Día de Alzhéimer de Celeiro

A semana pasada estiveron no noso colexio os usuarios e o persoal do Centro de Día de Alzhéimer dependente da Xunta de Galicia e xestionado pola Cruz Vermella.

 Foi unha xornada especialemente emotiva e xs nenxs de primeiro ciclo pasaron unha horas moi ledas con todxs eles.

Grazas!!!

PREME NA IMAXE PARA PODER VER O VÍDEO

Charla das nais e pai de 2* de EP sobre os oficios

Este lunes tivemos unha charla moi constructiva e emotiva. Dúas nais e un pai do alumnado de 2* de EP falaron dos seus traballos diarios e unha delas tróuxonos material para facer experimentos e aprender a través da práctica. Todo un exemplo de aprendizaxe creativa. 

Grazas. 

PREME NA IMAXE PARA VER O VÍDEO

REMATE DA MICRORREDE

O venres pasado tivo lugar o remate da microrrede A Mariña. Foi un acto moi emotivo xa que se ensalzou o labor da nosa compañeira Marta Pérez Lage, tendo en conta que foi unha das artífices desta idea tan enriquecedora, de formar una microrrede de bibliotecas escolares da Mariña. Tamén coordinou de forma maxistral a nosa biblioteca durante moitos anos.

Ata o día 29 de maio poderemos ver no noso centro o Conto colaborativo creado entre diversos centros da Mariña

Grazas Marta!!!

PREME NA IMAXE PARA PODER VER O VÍDEO

Máis traballos conmemorativos. Día das Letras Galegas

Presentamos máis traballos para conmemorar o Día das Letras Galegas.

Propostas realizadas por 2º, 3º e 4º de Educación Primaria.

PREME NA IMAXE PARA PODER VER ESTES TRABALLOS

LETRAS GALEGAS 2023

AS NOSAS LETRAS GALEGAS

Presentamos hoxe algúns dos traballos realizados para conmemorar a figura de Francisco Fernández del Riego, autor homenaxeado nas Letras Galegas 2023.

O alumnado de 3º de Primaria presenta o vídeo que recolle a biografía do autor.

Programa de Radio na Biblio realizado polo alumnado de 6º de Primaria onde se recolle a obra do autor.

 

 

ARTE CON LIXO

Onte  o alumnado  de 3º, 4º, 5º e 6º de EP tiveron unha fantástica xornada facendo arte co lixo recollido anteriormente por zonas da nosa contorna.

Toda unha mañá de expresión e creatividade coa axuda de Somoslag e Lucas Requejo e dentro da iniciativa Globo Marruán.

 

 

 

INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DA MICRORREDE

A Microrrede da Mariña inaugurou onte  a súa exposición anual na sala multiusos do Concello de Viveiro.

"EscribirARTE na Mariña" está formada polos traballos de 16 cadros de diferentes centros educativos da Mariña.

Contou como convidado  con Primitivo Marcos, antigo profesor do IES María Sarmiento e debuxante, que nos falou da súa obra.

Tamén actuou o grupo de Amifgos do Folk do conservatorio de Viveiro.

Animámosvos a visitala, pero antes do xoves, día 11, que pechará as súas portas!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut