Skip to Content

LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMISIÓN CURSO 2023-2024

Están publicadas as listaxes definitivas de admitidos para o curso 2023-24 no taboleiro ubicado dentro do recinto do centro. 

Nota: Todas as solicitudes presentadas foron admitidas. Recordarvos que todas as solicitudes deberán ser formalizadas no período de matrícula que abrangue do 20 ao 30 de xuño.

 

Seguindo instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o proceso de admisión para o curso académico 2023/2024, non podemos publicar as listaxes de alumnado na páxina web nin no taboleiro exterior, en base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais.

LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMISIÓN CURSO 2023-2024

Están publicadas as listaxes provisionais no taboleiro ubicado dentro do recinto do centro. Poden consultar tamén o estado da súa solicitude a través da aplicación admisionalumnado empregando a chave365 ou certificado dixital.

Nota: Todas as solicitudes presentadas foron admitidas. Recordarvos que todas as solicitudes deberán ser formalizadas no período de matrícula que abrangue do 20 ao 30 de xuño.

 

Seguindo instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o proceso de admisión para o curso académico 2023/2024, non podemos publicar as listaxes de alumnado na páxina web nin no taboleiro exterior, en base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais.

PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO ACADÉMICO 2023/2024

O proceso de admisión, para o novo alumnado, estará aberto do 1 ao 20 de marzo de 2023.

A presentación de solicitudes poderá realizarse de dúas maneiras:

1. NA SECRETARÍA DO CENTRO: Presentando o Anexo II na Secretaría do noso centro, xunto coa documentación requerida, no horario de atención especificado no documento de Información sobre o proceso de admisión.

2. ON-LINE,  A TRAVÉS DA APLICACIÓN INFORMÁTICA: Presentar a solicitude a través da aplicación informática admisionalumnado

Adxuntamos os seguintes documentos que poden ser de interese:

a. Información sobre o proceso de admisión.

b. Documentación necesaria para facer a solitude.

c. Anexo II.

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

CELEBRACIÓN DA XUNTA ANUAL ORDINARIA

A ANPA convoca a xunta ordinaria do 2023, o martes 28 de febreiro ás 19.00 horas no centro escolar, cos seguintes puntos a tratar:

1- Resumo do curso 21/22.

2- Contas a final do 2022.

3- Proxectos do curso 22/23.

4- Rogos e preguntas.

Reserva de praza en centros adscritos

De conformidade coa Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 13 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos, inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), para a reserva de praza nun centro de adscrición do alumnado que cambia de etapa.

O prazo de solicitudes abranguerá do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro (ambos incluidos).

A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do 22 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.

IMPORTANTE: o feito de reservar praza no centro adscrito (neste caso, o IES María Sarmiento) implica que, no caso de querer, a posteriori, matricularse noutro IES, deberán darse de baixa no centro adscrito e iniciar os trámites de matrícula no outro IES

NORMATIVA: 

Decreto 13/2022, do 13 de febreiro 

Orde do 21 de outubro de 2022

 

IMPRESOS: 

ANEXO I

 

 

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Estimadas familias:

A Xunta Electoral para as Eleccións ao Consello Escolar do C.E.I.P. de Celeiro infórmaos que o prazo para a presentación de candidaturas dos pais, nais ou titores legais do alumnado terá lugar dende o 3 ata o 11 de novembro. Se desexan ser candidatos/as deberán presentar a súa solicitude mediante o impreso oficial na secretaría do Centro en horario de 09:00 a 14:00 horas.

Tedes toda a información na seguinte Circular

Contamos coa vosa participación

 

 

 

Eleccións Consello Escolar

Eleccións Consello Escolar

VALE ADICIONAL PARA MATERIAL ESCOLAR

A partir de hoxe luns 17 de Outubro, poderanse recoller os vales adicionais para material da Xunta. Deberán empregarse na libraría ou establecemento, preferiblemente, con anterioridade ao 1 de decembro de 2022, segundo se indica nas instruccións enviadas pola Consellería ao Centro educativo.

Poden consultar a información no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/38234

ENTRADAS E SAÍDAS

Todo o alumnado entrará e sairá á mesma hora este curso, polo que a entrada será ás 9:00 e a saída ás 14:00 (excepto servizo de madrugadores ou comedor).

As portas do recinto abriranse 10 minutos antes para que se poida acceder ao patio. As familias poden entrar no recinto para deixar e recoller aos nenos e nenas.

Tanto as familias como o alumnado de Infantil debe entrar pola porta da dereita que ten unha rampa e o alumnado de primaria pola outra que ten escaleiras. Son as dúas únicas portas que estarán abertas este curso.

Por outra banda informamos de que o xoves día 8 comezamos o curso no horario habitual, excepto os nenos e nenas de 4º de Educación Infantil que están no período de adaptación. Como todos os cursos, deben traer algo de comer para media mañá.

ENTREGA DE LIBROS E VALES

A entrega de libros e vales para o vindeiro curso 2022-2023 terá lugar o:

- XOVES DÍA 1 DE SETEMBRO DE 12:30 A 14:30.

- VENRES DÍA 2 DE SETEMBRO DE 9:30 A 14:30.

Distribuir contido


by Dr. Radut