Skip to Content

Blogues

CONMEMORACIÓN 8M. "DÍA DA MULLER"

Hoxe conmemoramos o "Día da Muller". Nesta ocasión creáronse vinilos con frases nas que se da valor a un día tan importante para todas as mulleres. Colocáronse nas escaleiras da entrada principal do colexio que da acceso ao primeiro piso. 

Tamén traballamos moitísimas actividades nas aulas e un mural por clase. 

De todo este labor ensinámosvos este fermoso vídeo.

PREME NA IMAXE PARA PODER VER O VÍDEO

UNHA EXPERIENCIA INTERGRUPAL E INTERXERACIONAL

Durante o segundo trimestre  fixemos diferentes saídas ao Centro de Día de Alzheimer en Celeiro.

Unha vez máis, desfrutamos dunha experiencia emotiva e máxica.

Alumnado e profesorado vimos sempre co corazón cheo de boas sensacións. 

Quedamos moi agradecid@s aos usuarios e persoal do Centro, que coas súas miradas e sorrisos alegran o noso camiño, cara unha esperanza de vida de coidados e atencións.

Moitas grazas!!!

PREME NA IMAXE PARA PODER VER O VÍDEO

HERBARIO DE ROSALÍA

O alumnado de EI levou a cabo unha actividade moi orixinal e creativa.

Utilizou froitas e follas para elaborar un álbum fermosísimo coa técnica de fosforescente. Utilizaron unha máquina de escribir antiga e souperon unir historia con  actualidade. Sen deixar de ter sempre presente a  Rosalía de Castro  e a súa obra, como referente.

Noraboa!!!

Preme na fotografía para poder ver este traballo

 

Actividades e proxectos na aula de inglés

 Nas materias de Lingua Inglesa 3º, 4º, 5º  e 6º e en Edicación Plástica (sección bilingüe)  6º de primaria, durante o primeiro e segundo trimestre desenrolamos o proxecto: COIDANDO ÁS NOSAS MASCOTAS. Consiste en concienciar, actuar e buscar solucións que melloren a vida desas mascotas,pero tamén das que non tenen donos por diferentes motivos e a importancia que ten  no sufrimento físico e  emocional  e no medio ambiente o descontrol e desatención dos mesmos.

 

Contamos con moita aportacións e visitas ao centro: Colonias Rueiras (gatos) que nos deixaron unhas caixas para "botarlles unha pata", Gadoupas (protectora de animais), as dúas de Viveiro e Celeiro, Laura a profe de segundo de EP, Luis (adestrador  de cans de Xove), un veterinario de Irlanda,…

 

Na aula temos un corcho donde expoñen as fotos das mascotas, información sobre elas e noticias de prensa .Na biblioteca de aula hai diferentes libros e algunha revista e comic sobre o tema. No blog de inglés e na canle de Youtube recollemos parte das actividades desenroladas.

 

 

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Durante dúas semanas estivemos preparando o Día de Rosalía.

Esta actividade está basada no libro: "O herbario de Rosalía" de María López-Sandez  e María Isabel Fraga. Fotografía de Miguel Fraga Vila

Para iso realizamos serigrafía con distintas técnicas: con flores que fomos buscar aos arredores do centro, con pintura acrílica, con témpera. Ademáis fixemos murais con plastilina e papel. Un album con luz fosforescente e distintas actividades plásticas. Cada alumn@ vai levará o seu propio traballo para a súa casa.

Esta actividade tivo como obxectivo coñecer a obra de Rosalía de Castro a través das flores. Resultou moi motivadora e experimentamos ese amor tan especial que Rosalía tiña polas flores silvestres.

 

 

Máxico Entroido

Que día tan especial tivemos o pasado venres con familias e nen@s vivindo un Entroido cheo de sorrisos, música e moito ánimo.

Aquí deixamos unha pequena mostra de tarefas preivas, desfile e photocall!!!

Grazas familias  por compartir este día con nós!!! 

PREME NA IMAXE PARA PODER VER O VÍDEO

Ningún aro sen redes. Un proxecto da Fundación Breogán

Hoxe participamos na campaña “Ningún aro sen redes”,  un proxecto da Fundación Breogán que consiste en dotar aos centros seleccionados ( dez en toda a provincia) de redes de baloncesto artesanais, recicladas e sostibles. 

Pasámolo xenial...xogamos,coñecemos a xogadores de baloncesto e á mascota oficial do Club baloncesto Río Breogán: Máximus. 

A actividade inclúe un CONCURSO PARA O QUE SOLICITAMOS A VOSA COLABORACIÓN:

O mesmo día da instalación das redes por parte da Fundación Breogán, instalarase un contedor de reciclaxe. O material para depositar será: bolígrafos, rotuladores, fluorescentes, marcadores, portaminas, correctores (de cinta, líquido e tipo bolígrafo), plumas estilográficas e cartuchos de tinta.

A idea é recoller a meirande cantidade. O alumnado tamén pode  TRAER ese material para reciclar da casa. 

Todos a colaborar!!

Moitas grazas!!

I

Por unha Paz Global todos os días

Hoxe celebramos un día moi especial:O día da Paz.

Xa levamos moitas xornadas preparando este acto. Entre todo o alumnado creamos, deseñamos e montamos un mural moi especial. Coas cores como protagonistas.

O alumnado de 5º e 6º preparou dúas cancións e bailes en inglés. "A friend" e "We are the world".

Creamos chapas conmemorando este día e izamos a bandeira que simboliza a unión entre centros educativos docentes da zona. Dentro do Proxecto: Microrrede A Mariña.

Todas estas actividades teñén un fin común, un obxectivo básico: A Paz empeza en nós mesmos.

Un agradecemento moi especial aos voluntarios da biblioteca do centro.

Noraboa a tod@s!!!

Clica na imaxe para poder ver o vídeo

1º traballo de Radio na biblio

O alumnado de 6º de EP e a mestra coordinadora de Radio na Biblio, Bibi, levou a cabo unha actividade no que se resume un primeiro trimestre cargado de actividades e conmemoracións.

Noraboa a tod@s!!!

Creando caligramas en 3º de EP

En 3º de EP estivemos practicando a técnica dos caligramas. O curso pasado Xoán Neira, escritor do noso concello, ensinounos como levar un proceso creativo que nos axudara a poder facer un proxecto propio.

Para iso utilizamos a técnica do torbellino de ideas  e puxemos en marcha a imaxinación, unindo a clase de Lingua Castelá coa de Plástica.

Foi toda unha experiencia que aquí mostramos.

Esperamos que vos guste!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut