O luns e martes, 27 e 28 de febreiro, tivemos no cole unhas charlas por parte da Polociía Nacional na que nos falaron do tema do Ciberacoso e nos explicaron como previr o ciberacoso, acoso oral, acoso de contacto e Bullying.
Tamén viñeron cun coche patrulla e deixáronos ver o seu interior e tocar a serea. Vimos o funcionamento dun dron e ecplicaron a sú a importancia para previr os incendios.
Preme nas imaxes para poder ver os vídeos
O xoves, 2 de marzo, o alumnado de 6º curso participou nunha sesión informativa sobre drogodependencia.
Hoxe, 23 de febreiro é o día de Rosalía de Castro; para conmemorar este día realizamos un mural coas caras das nenas e nenos do colexio dentro do rostro de Rosalía, acompañados de palabras que expresaban diferentes emocións.
PREME NA IMAXE PARA VER O VÍDEO
Despois do recreo xuntámonos todos no ximnasio do colexio para homenaxear a Rosalía cun Recital Poético-Musical.
Participamos todo o alumnado e profesorado cantando todos os poemas de Rosalía que foron musicados pola mestra de música, Marta Pérez, desde o ano 2013 ata este curso:
O venres, 17 de febreiro, o colexio encheuse de disfraces moi diversos e divertidos. Foi un día moi especial pois realizamos o xa tradicional desfile polas rúas do Chao, acompañáronnos as familias que estaban desexosos de ver desfilar ás nenas e nenos. O tempo tamén nos acompañou, lucía un sol expléndido que convidaba ao paseo.
Despois do desfile degustamos os típicos doces de Entroido: rosquillas, orellas, fereixós... Rematamos bailando e xogando ao noso xeito e pasámolo moi ben!.
Nos seguintes enlaces podemos ver o que fixemos como preparativos para esta celebración. Tamén deixamos o vídeo do desfile.
Tamén podedes escoitar unhas entrevistas realizadas polo alumnado de 6º de Primaria durante o desfile. O son non é moi bo pero vale moito máis a súa iniciativa. Un aplauso polo seu entusiasmo!!!
O mércores e xoves, 16 e 17 de febreiro, todo o colexio asistiu á charla de “Abellas na escola", un programa de contido ambiental deseñado para achegar aos nenos e nenas ao mundo das abellas e á importancia que teñen para todos nós. Tedes moita máis información na páxina: ABELLAS NA ESCOLA
PREME NA IMAXE PARA VER FOTOS DAS SESIÓNS
Tamén podedes ver o seguinte vídeo da exposición que realizamos cando fixemos o Proxecto Documental Integrado sobre O MUNDO DAS ABELLAS
E xa está listo o recanto que dedicamos ao inverno; nesta ocasión todos os cursos de Primaria fixeron un cadro con algo relacionado co inverno: unha paisaxe, unhas noticias... e tamén os meses de xaneiro e febreiro do "Calendario Poético" do escritor Xaón Neira.
No ano 2013 a ONU aprobou a declaración da UNESCO do Día Mundial da Radio. Proponse a data do 13 de febreiro por ser a da creación da Radio Nacións Unidas no ano 1946. "Os obxectivos da xornada son concienciar ao público e aos medios de comunicación acerca da importancia da radio; alentar aos encargados de tomar decisións a crear e ofrecer acceso á información a través da radio; así como mellorar as redes e a cooperación internacional entre os organismos de radiodifusión." SEGUIR LENDO
Este programa especial foi realizado polo alumnado de 6º de Primaria e nel falan da invención da radio e da celebración do entroido no colexio
Na mañá do xoves, 9 de febrero, Xoán Neira fixo unha visita á nosa Biblioteca para presentar o seu libro "Calendario poético".
Un libro de poemas que fai percorrido polos meses do ano contando as súas características e falando das súas celebracións.
No colexio estamos a traballar estes poemas; por cursos imos a recitar e poñerlle debuxos. No mes de xaneiro xa presentamos o traballo realizado polo alumnado de 1º curso. Neste mes de febreiro as nenas e nenos de 2º presentarán o seu traballo.