Skip to Content

COMPLEMENTARIAS

FESTIVAL PARA A EXCURSIÓN DE 6º DE PRIMARIA

Na tarde do domingo, 30 de abril, o alumnado de 6º de Primaria realizou un Festival Especial para recadar fondos para a súa excursión de fin de curso.

Irán á Ribeira Sacra onde poderán gozar de moitas actividades variadas.

Ao festival acudiu moito público e todos os participantes fixéronno moi ben!

Desde o centro dámoslles as grazas por participar.

No seguinte vídeo podemos ver o resumo do mesmo:

 

O ALUMNADO DE 1º DE PRIMARIA XA SON EXPERTOS ORNITÓLOGOS!!!

En 1º remataron o tema dos animais coñecendo “os paxaros que vemos, pero non miramos” na nosa contorna. Investigaron sobre eles, representáronos e presentáronos á clase. Ademais dos seus nomes galego e castelán, tamén teñen un código QR que nos leva a unha gravación do seu canto.

Todos estes paxaros podémolos observar ou escoitar na contorna do centro, pero moitos precisan de prismáticos para observar as súas vivas cores. 

Aprendemos, por exemplo, como o cuco pon os ovos especialmente nos niños dos carrizos e paporrubios e, aos catro días de nacer, chimpa fóra do cubil aos outros paxariños para que o críen a el só. O niño do carrizo é moi característico, feito  de musgo e todo cerradiño cunha entrada lateral. O carrizo constrúeo moi bonitiño e canta ben bonito para conquistar á carriza. É o paxariño máis pequeno de Galicia. Tamén soubemos que o martiño pesqueiro fai o seu niño con espiñas de peixe. Moitos destes paxaros, especialmente os cantores, antes migraban, pero agora co cambio climàtico podemos velos todo o ano na Mariña: a lavandeira, o xílgaro, o chasco ou chaschás, o xerín, o verderolo… Outros que cantan moi fermoso son o pimpín e o rabirrubio, pero os que máis nos gustan son o ferreiriño azul e o abelleiro porque teñen unhas plumas moi coloridas e pendúranse das pólas cabeza para abaixo.

Encántannos os paxaros!

Visita dos cursos de 1º e 2º de E. Primaria ao reloxo de Santa María

Os alumnxs de 1º e 2º de E. Primaria visitamos o reloxo francés datado en 1861 e que foi restaurado pola empresa Lages Relojería Monumental no Conxuntao Histórico Artístico da Praza de Santa María, aínda que tamén debemos mencionar a Jesús Paleo que foi que foi o encargado do mantemento do reloxo durante os últimos 40 anos. Impresionante labor!!!

Grazas a Carlos Nuevo Cal, cronista do concello de Viveiro por tantas explicacións que nos deu e polo seu aporte documental. Aprendemos un montón desta peza, pero tamén sobre a historia de Viviero e desta fermosa igrexa.

CALENDARIO POÉTICO

Presentamos hoxe un traballo que estivemos realizando durante este curso sobre o libro CALENDARIO POÉTICO, do poeta Xoán Neira, que estivo no noso colexio o 9 de febreiro presentando o seu libro para todo o alumnado.

O traballo consistiu en reproducir con debuxos os poemas de cada mes, logo gravaron en audio o recitado dos poemas para rematar presentando todo o traballo en vídeos que podemos ver no seguinte enlace:

VÍDEOS NO CANAL YOUTUBE DO COLEXIO

 

 

XORNADA DE LIMPEZA DO ALUMNADO DE 3º A 6º DE E. PRIMARIA

Onte o alumnado de 3º a 6º de e. primaria tivo unha xornada de limpeza en distintas zonas da nosa contorna.

No mes de novembro xa fixéramos unha primeira limpeza que se completa coa realizada no día de onte e que sirve para concienciar nos valores medioambientais que debe ter o noso alumnado. Ademais, parate do lixo recollido serviranos para facer unha obra artística que de seguro nos queda ben fermosa.

Agradecemos a colaboración prestada por Lucas Requejo.

SEMANA DO LIBRO NO COLEXIO

Imos entrar na semana do Día do Libro ( 23 de abril), por iso a Biblioteca, aulas e equipos están preparando moitas actividades:

  • Exposición de libros novos e sobre Miguel de Cervantes: Don Quijote de la Mancha.

 

 O alumnado de 6º de Primaria realizou un programa de Radio na Biblio, sobre recomendacións lectoras.

  • Tamén faremos unhas sesións de contacontos para Infantil e Primaria nas horas de ler. As representacións estarán realizadas polo alumnado de 2º de Primaria e foron  preparadas na aula de inglés coa colaboración do auxiliar de conversa Johan.
  • Deixamos aquí o enlace á páxina especial do Día do Libro onde poderedes ver as diferentes actividades que realizamos en cursos anteriores

PREME NA IMAXE

ACTUACIÓN DO CORO DO COLEXIO NO CONSERVATORIO

O martes, 28 de marzo, o Coro do CEIP de CELEIRO participou nas Xornadas Corais Infantís que organizou o Conservatorio de Música de Viveiro.

O coro estivo formado polo alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria que cantaron o seguinte repertorio:

AKAIHANA

POUPURRI DISNEY

POUPURRI MARIÑEIRO

SIMAMAKA

BONSE ABA

VOIS SUR TON CHEMIN

PASENIÑO, PASENIÑO

TECÍN SOIA A MIÑA TEA

Son cancións que prepararon na aula de Educación Musical para cantar nas celebracións do colexio e que interpretaron no conservatorio con moito éxito. Foron moi aplaudidos por todos os asistenten ao concerto e eles pasáronno moi ben!!!

Temos que agradecer ao Conservatorio a súa invitación e especialmente queremos darlle as gracias a Gonzalo Smaniotto que nos acompañou magníficamente ao piano nas dúas últimas cancións dedicadas a Rosalía de Castro.

VISITA DOS AXENTES FORESTAIS E MEDIOAMBIENTAIS

Hoxe recibimos na biblioteca aos axentes forestais e medioambientais da Consellería do Medio Rural.

Con eles aprendimos a protexer o noso medio ambiente. Ensináronos a importancia do respeto pola natureza, axudándonos a plantar árbores e poñer niños na contorna co colexio.

Utilizamos os seus utensilios de traballo, como mangueiras, ... e, sobre todo, aprendimos a importancia da súa labor na extinción dos incendios forestais. Desde aquí agradecemos moitísimo a dedicación e agarimo que nos demostraron en todo momento. GRAZAS!!!

PREME NA IMAXE PARA VER O VÍDEO

XORNADA DE XOGOS

Na mañá do venres, 24 de marzo, despois do recreo, tivemos unha sesión de xogos para celebrar todos xuntos as conmemoracións desta semana: Día da poesía, da árbore, da auga, da chegada da primavera.

  • Primeiramente, nas aulas, tivemos que elaborar diferentes xogos con materiais de refugallo
  • No pavillón distribuímonos en diferentes estacións con nomes de árbores do noso colexio; cada equipo estaba formado por alumnado dos diferentes ciclos: infantil e primaria.
  • Pasámolo moi ben pois compartimos todos os xogos!!!

PREME NA IMAXE PARA VER O VÍDEO DA SESIÓN

PROGRAMA DE RADIO NA BIBLIO: DÍA DA POESÍA, ÁRBORE E AUGA

O venres, 24 de febreiro, o alumnado de 5º de Primaria realizou un programa de Radio na Biblio con contidos sobre as celebracións do Día da Poesía, da Árbore e da Auga, achegándonos información sobre a importancia destas datas e recitando poemas de creación propia.

No vídeo podemos seguir o programa realizado por: Ainara, Cristian, Lucía, Mateo, Cristina, Omar, Helena e Alma.

Distribuir contido


by Dr. Radut