Skip to Content

Blogues

APERTURA DA BIBLIO!

Bos días a todos e todas!

Que tal o inicio de curso? Por aquí estivemos moi atarefados/as e é que como podedes ver a nosa Biblio ten unha nova imaxe, que vos parece? Quedou moi chula, verdade!

Gañamos espazos e reorganizamos o mobiliario de xeito que tanto os máis pequenos/as coma os máis maiores teñan acceso aos diferentes recunchos e espazos, permitíndolles así, non só desfrutar da lectura, senón tamén de xogos, de acceso á rede ou mesmamente para desfrutar dunha charla entre compañeiros/as nun lugar diferente ao patio ou pavillón.

 

Pero como xa sabedes, a nosa biblioteca é un lugar ao que non só poden vir os nenos/as do cole, senón que tamén está aberto para vós, as FAMILIAS!

Recordade que a bilioteca está aberta de martes a xoves de 4 a 6 da tarde.

Así que, aquí vos agardamos!

COMEZAMOS UNHA NOVA VIAXE!

Chega setembro e con el o inicio dun novo curso cheo de miles de aventuras, reencontro, momentos de diversión e tamén de aprendizaxe.

Este curso o proxecto do noso colexio vai a ir sobre as viaxes aoredor do mundo; coñeceremos diferentes culturas, tradicións, linguas, gastronomía... e tamén teremos que superar uns cantos retos que Elisa Patiño nos propoñerá ao longo do curso!! E quen sabe? Se conseguimos superalos todos ao mellor nos ten algunha sorpresa preparada!!

Por agora non recibimos ninguha carta súa pero estaremos moi atentos e atentas, en calquera momento podemos ter noticias súas!!

 

O proxecto deste curso busca non só fomentar o coñecemento da nosa propia cultura senón tamén doutras moitas que forman parte do noso entorno, en numerosas ocasións, pero que non temos a oportunidade de coñecer de primeira man. Este ano será unha oportunidade de aprendizaxe e desenvolvemento de novos saberes.

 

CONTINUAMOS COA NOSA VIAXE!!

En 6º marchamos a Cerceda ao aquapark!

O alumnado de 6º de EP participou no programa de RadioVoz Ecopreguntoiro ao longo deste curso.

Conseguimos pasar a primeira fase do concurso, pero elimináronnos na segunda rolda.

A semana pasada todos os colexios participantes fomos convidados á xornada que Radiovoz celebrou no aquapark de Cerceda. O día non acompañou pero a pesar do vento e o frío, o alumnado aproveitou todo o que puido.

 

 

 

 

 

 

Practicando surf

Esta semana o departamento de Educación física organizou para o  alumnado de 5º e 6º unha xornada de praia e iniciación ao surf.

Acercámonos ata a praia de Esteiro en Xove para iniciarnos neste deporte que tanto lles gustou. Todo un éxito.

 

 

Traballo de curso: " O Imperio Romano". 2º de Educación Primaria

 O Imperio Romano. Hoxe os nenos e nenas de 2º de Primaria expuxeron ao resto do alumnado de primaria este proxecto sobre o que levaban traballando nos últimos meses. Fixeron un percorrido por parte da historia de Roma e a súa pegada na nosa civilización actual. 

Levaron a cabo un traballo espectacular!

 

Excursión de º e 4º de Educación Primaria

Este xoves 13 de xuño, o alumnado de 3º e 4º de EP ivisitou O Centro de Formación para o Consumo de Vegadeo e a Granxa Escola "Ría del Eo".

En Vegadeo aprendimos a comprar dun xeito máis ecolóxico e fixemos unha manualidade con material de refugallo. Tiñan preparada unha tenda na que puidemos comprar os nosos productos tendo en conta os envases nos que veñen envoltos e facelo dunha forma máis sostible. Foi unha experiencia moi educativa que acompañamos cun pequeno tentempé de media mañá nun entorno natural precioso. Gracias Montse pola atención e pola túa amabilidade.

En Castropol pasamos unha tarde de actividades completa na Granxa Escola "Ría del Eo": escada, visita aos animais da granxa, equitación, karting e xogos variados. Tomamos a merenda e comimos un rico xeado!!!.  Grazas aos monitores e coordinador  que nos trataron tan ben e cos que aprendimos tantas curiosidades dunha granxa.

PREME NA IMAXE PARA PODER VER O VÍDEO

 

 

Coidando o noso mar.

Durante estes días de finais de curso estamos inmersos nunha morea de actividades. Especialemnte para conmemorar o Día do Medio Ambiente e o Día dos Océanos.

Nesta ocasión contamos coa visita da Serea Piscis, Antonia Sánchez González, que é, entre outras disciplinas: Instructora da Federación Española de Actividades Subacuáticas (FEDAS), Instructora  Nacional de buceo autónomo, de Salvamento e Rescate, de Interpretación de Patrimonio Histórico Sumergido, de Sereas,... e que nos fixo pasar unha mañá extraordinaria, contando contos de sereas e de coidado do medio mariño. Nesta xornada tamén  realizamos unha limpeza de microplásticos na praia.

Onte acompañáronos tamén monitoras de Porto de Celeiro para ensinarnos o que debemos facer cada un de nós para coidar o mar e tamén contamos coa presenza de Eduardo Míguez, director adxunto de Porto de Celeiro e que  agasallou a todo o alumnado cunhas gorras.

Non menos importante foron as actividades realizadas por PratoDo, con actividades divertidas para coidar a contorna e como non, os mares.

GRAZAS A TODXS.

CORRELINGUA

Hoxe celebramos O Correlingua. Unha actividade  na que se pretende potenciar o uso do galego.

Nesta ocasión viaxamos ata Burela, xunto con outros moitos centros educativos da Mariña-Ortegal. Percorrimos as rúas e asistimos a  actividade que tivo lugar na  Praza da Mariña cunha gran  Festa final. A presentación estivo  a cargo de Fran Rei e bailamos e escoitamos a actuación de Cuarta Xusta e Paco Nogueiras.

Pasámolo xenial!!!

 

 

 

 

 

 

 

Os Maios

Este xoves pasado celebramos Os Maios, festividade que conta con gran tradición en Viveiro e parte de Galicia e que trata de dar a benvida á primavera, o bó tempo e as flores. Aínda que nesta ocasión o tempo meteorolóxico non nos permitiu sair desfilando ata a Praza do Chao e tivemos que celebralo no ximnasio.

Os maios é unha festa de tradición prerromana que xa celebraban os celtas e desde o noso centro, queremos facer partícipe ao alumnado da nosa cultura para  axudar a que non se perda e involucrándoos desde pequenos. 

Conmemoración do Día das Letras Galegas 2024

Mañá, 17 de maio de 2024, será homenaxeada pola Real Academia Galega,  Luísa Villalta Gómez no Día das Letras Galegas 

Nada na Coruña o 15 de xullo de 1957 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución.

 "celebrámoste desde a complexidade da épica ao publicismo, deste ti, desde o teu pensar, lúcida e comprometida, destacando dela que foi a "creadora dunha obra singular e sólida que a converteu nunha das grandes figuras da literatura galega que emerxeron na segunda metade dos anos 80 e primeiros 90". Esta proposta estivo encabezada pola tamén escritora Ana Romaní e respaldada por Chus PatoMarilar AleixandreFina CasalderreyMargarita Ledo AndiónManuel RivasMaría López SándezEuloxio R. RuibalDolores Sánchez PalominoManuel González González e a xa mencionada Ana Romaní.

No colexio fixemos unha pequena homenaxe en forma de "caricaturas" e libriños da súa obra.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut