Skip to Content

Benvidos á web do CEIP de CELEIRO

VISITA VIRTUAL

 

CENSO DE RESPONSABLES (PAIS/NAIS) E CALENDARIO

O Censo de responsables que teñen dereito a voto nas eleccións ao Consello Escolar, estará ubicado no taboleiro do centro. Consultade que todos os datos sexan correctos.

 Informamos do CALENDARIO APROBADO POLA XUNTA ELECTORAL:

28/10/24 Abalar informativo aos pais e nais.

28/11/24 Publicación e reclamación ata o día 6  dos Censos Electorais.

Do 29 ao 8/11/24 (ambos inclusive) Presentación de candidaturas. Tedes o modelo na secretaría do centro.

11/11/24  Proclamación de candidaturas - Sorteo de compoñentes da mesa electoral para a votación de pais/nais..

11/11/24 Claustro informativo das normas.

12 e 13 de novembro: Presentación de reclamacións ás candidaturas.

14//11/24 Resolución de reclamacións e proclamación definitiva de candidatos e candidatas.

18/11/24 Votación sector mestres/as.

19/11/24 Votación sector pais/nais do alumnado.

19/11/24 Votación sector administración e servizos.

22/11/24 Proclamación de candidatos elixidos.

2/12/24 Constitución do Consello Escolar.

LISTAXE DEFINITIVA DE FONDO LIBROS

Xa podedes consultar as listaxes provisionais da relación de alumnado que se beneficiará do Fondo Solidario de libros de texto.

As listaxes están publicadas no taboleiro ubicado dentro do recinto escolar e na aplicación Fondolibros

 

Seguindo instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, non podemos publicar as listaxes de alumnado na páxina web nin no taboleiro exterior, en base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais.

LISTAXE DEFINITIVA DE VALES DE LIBROS E MATERIAL

Xa podedes consultar a listaxe definitiva da relación do alumnado que se beneficiará dos VALES para a compra de libros de texto e material escolar. 

As listaxes están publicadas no taboleiro ubicado no interior do recinto escolar e na aplicación Fondolibros

 

Seguindo instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, non podemos publicar as listaxes de alumnado na páxina web nin no taboleiro exterior, en base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais.

LISTAXE PROVISIONAL DE VALES DE LIBROS E MATERIAL

Xa podedes consultar a listaxe provisional da relación do alumnado que se beneficiará dos VALES para a compra de libros de texto e material escolar. 

As listaxes están publicadas no taboleiro ubicado no interior do recinto escolar e na aplicación Fondolibros

O alumnado que non apareza como beneficiario terá 2 días para presentar reclamacións.

LISTAXE PROVISIONAL DE FONDO LIBROS

Xa podedes consultar as listaxes provisionais da relación de alumnado que se beneficiará do Fondo Solidario de libros de texto.

As listaxes están publicadas no taboleiro ubicado dentro do recinto escolar e na aplicación Fondolibros

O alumnado que non apareza como beneficiario terá 2 días para presentar reclamacións.

NOVOS PRAZOS NAS AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Debido aos cambios nas datas das avalacións, debemos realizar uns cambios nos prazos para a publicación das listaxes das axudas para libros e material escolar.

MATRÍCULA PARA O ALUMNADO DE NOVO INGRESO

Hoxe comeza o prazo de matrícula para o alumnado de novo ingreso que solicitou praza neste centro ou foi remitido a el por non obter praza noutro centro educativo.

O prazo para formalizar a matrícula será do 20 ao 30 de xuño, ambos incluídos.

Para solicitar a documentación e entregar a mesma, realizarase na secretaría do centro. Tamén se pode descargar a documentación nos arquivos adxuntos.

Os documentos que se deben presentar serán os seguintes:

- Impreso de matrícula.

- Enquisa sobre o uso da lingua materna

- Autorizacións:

  • Elección de ensinanzas.
  • Recollida do alumnado (no caso de non ser recollido polos pais/nais ou titores legais).
  • Uso da imaxe persoal do/a alumno/a.
  • Realización de actividades previstas na Programación Xeral Anual.

- O alumnado de infantil deberá acompañar a documentación con dúas fotos tamaño DNI

- Certificado de matrícula do centro do que procede (só para Educación Primaria)

NOTA: Os papeis de matrícula deberán vir firmados polas dúas persoas proxenitoras.

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2024-2025

Xa podedes consultar, no arquivo adxunto, a listaxe de libros de texto que utilizaremos para o curso 2024-2025

Distribuir contido


by Dr. Radut