PUBLICADA A EDICIÓN DE 2012 DAS NORMAS ORTOGRÁFICAS E MORFOLÓXICAS DO IDIOMA GALEGO

 

Xa está dispoñible a última edición das "Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego". O pasado día 19 de abril saíu a número 23. Coa finalidade de evitar a disolución, a depreciación e a subalternización da nosa lingua, a Academia ofrece á sociedade galega unha nova edición das Normas que non amosa mudanza respecto a edicións anteriores.

En palabras do presidente da Academia na Presentación á presente edición: "O noso idioma é aquel que, sobre a ruína do antigo Imperio de Lacio, como dixera en frase célebre Saco Arce, naceu e evolucionou na mente, no corazón e nos beizos do pobo galego. É a nosa magna obra colectiva que, neste intre, se encontra aínda ameazada. Sería loucura concibir a salvación da nosa lingua sen o recurso a unha normativa ao alcance de todos os ámbitos do seu uso social: das administracións ás prácticas cotiás, pasando pola ciencia e o coñecemento universais, pola literatura e pola escola en todos os seus graos e niveis".

Pode consultarse ou descargarse facendo clic aquí ou na imaxe.

Powered by Drupal - Design by artinet