O RECREO DO NOSO CENTRO NA PRENSA
Enviado por Juligomez o Lun, 02/05/2024 - 16:49
Hai pouco saíu no xornal "El Progreso" unha nova na que se fala do tempo de lecer do noso centro. Afortunadamente dispoñemos dun número importante de materiais e recursos para que o alumnado realice outras actividades que non teñan que ver co fútbol. Dende karts ata unha biblioteca para o patio, pasando por diferentes xogos de mesa ampliados a tamaño real na nosa pista.
Agardamos que todos e todas gocen do seu tempo libre no noso centro.
Moitas grazas ao Progreso por darnos visibilidade.