ESTREAMOS BIBLIO PATIO
Enviado por Juligomez o Mar, 12/12/2023 - 12:10
Esta semana vimos de estrear a nova Biblio Patio, onde o alumnado poderá gozar do tempo de lecer nunha marabillosa casiña con diferentes tipos de libros de lectura e algúns xoguetes educativos nun ambiente de colaboración entre as diferentes idades dos nosos nenos e nenas.
Grazas á ANPA do noso CEIP para poder facer este sono realidade. Poden ver o video de presentación no seguinte enlace .