Estimadas familias
Tal como se establece na Resolución do 5 de Maio de 2020 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, reanúdase dende o vindeiro luns día 11 de maio e até o luns 18 de maio (ambos incluídos) o prazo para a Solicitude de Admisión do alumnado para o vindeiro curso escolar 2020/2021.
Debido a situación sanitaria na que nos atopamos deberán terse en conta as seguintes cuestións:
- Para a atención directa no centro educativo solicitarase cita previa no seguinte teléfono: 681214970, ou o enderezo de correo electrónico: ceip.castromil@edu.xunta.gal. Para a entrega das solicitudes só poderá acudir unha única persoa responsable.
- Recoméndase realizar a solicitude pola vía telemática a través da aplicación Admisionalumnado (ligazón para acceso: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/#).
- Para a ocasión, vir con luvas e mascarilla.
Para calquera cuestión estou á vosa disposición no teléfono ou enderezo de correo sinalados.