Skip to Content

Solicitude de admisión de novo alumnado para o curso 2024-2025.

Estimadas familias:

Segundo reflicte a Orde do 21 de outubro de 2022,pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

O prazo para solicitar a admisión de novo alumnado no C.E.I.P de Castromil será:

Do 1 de marzo de 2024 ao 20 de marzo de 2024.

Pódese solicitar a información a través das seguintes canles:

Correo electrónico: ceip.castromil@edu.xunta.gal

Teléfono de contacto: 681214970.

Para realizar visitas as instalacións do centro escolar ou solicitar información de índole académico, estaremos a súa disposición de luns a venres, de 14:30h a 15:30h.

Se escollen esta canle de información,axudaríanos moito se solicitan a visita previamente a través do correo electrónico ou do teléfono de contacto.

Agardámoste!

 

 

.
 

 



story | by Dr. Radut