Semana do 20 ao 24 de abril. Relixión
RELIXIÓN: ACTIVIDADES DO 20 AO 23 DE ABRIL
INFANTIL
Esta semana imos lembrar a historia “Da ovella perdida”, que xa vimos
na clase. Despois de vela e comentala con el@s poden facer un debuxo
do personaxe que máis lles gustou.
Preme na seguinte ligazón para poder vela.
1º de primaria
Este vídeo é un corto moi fermoso que trata sobre algo que nestes
momentos, máis que nunca, resúltanos moi valioso que é "A AXUDA
MUTUA".
Despois de velo espero que vos resulte doado de entender o que pasa nesta
historia.
Agora podedes facer un debuxo da imaxe ou
secuencia, personaxe que máis vos gustou.
Preme na ligazón para poder velo.
2º de primaria
Esta semana celebramos o día do libro así que imos traballar o libro da
Biblia. Xa o traballamos hai uns meses na clase, así que espero que vos
resulte doado. Preme na seguinte ligazón e podes facer un lim con preguntas
interactivas para repasar información sobre a Biblia.
http://www.chiscos.net/xestor/chs/recurreli/biblia/biblia.html
3º e 4º de primaria
Esta semana celebramos o día do libro así que imos traballar o libro da
Biblia.
Podes facer o seguinte lim para repasar información sobre a Biblia.
Se hai algunha pregunta algo complicada non te preocupes e pasa a
seguinte.
http://www.polavide.es/rec_polavide0708/edilim/biblia/biblia.html
Vídeo sobre o 2o Domingo de Pascua. Aquí podemos ver o encontro de
Xesús cos seus discípulos e o que aconteceu con Tomás. Despois hai un
titorial para construir as lentes da Fe. Quizáis terás que pedir axuda a alguén
da túa familia para poder facer as lentes. Pero seguro que logras conseguilo.
Preme na seguinte ligazón para ver o vídeo.
5º e 6º de primaria
XOGO "PALABRAS REVOLTAS"
Esta semana celebramos o día do libro. Así que imos traballar sobre unha
sección do libro da Bilbia. Neste caso a través deste xogo que consiste en
adiviñar as palabras do Salmo que están revoltas (Salmo é un poema que
fala sobre como Deus se relaciona con aquel que entrega a súa vida a él).
As palabras en letra grosa son aquelas que deberás adiviñar.
As solucións dareinas a próxima semana. Espero que vos resulte doado para
resolver.
Moito ánimo!