Proxecto de Educación Dixital

 

PROXECTO DE EDUCACIÓN DIXITAL

 

  • Decreto 86/2015 art. 39.4

  •  Decreto 105/2014, do 4 de setembro, art. 19.4

Os centros docentes que desenvolvan o currículo nun contorno dixital teñen que elaborar un  proxecto  de  educación  dixital  que  debe  contar  coa  aprobación  da  consellería  con competencias  en  materia  de  educación,  segundo  o  procedemento  que  se  estableza (véxase o artigo 19.4 do Decreto 105/2015 e o artigo 39.4 do Decreto 86/2015).

Con anterioridade aos currículos establecidos como desenvolvemento da LOE-LOMCE, en Galicia, o proxecto educativo incluía a obrigatoriedade de que os centros contasen cun plan de integración das tecnoloxías da información e a comunicación. Se ben este plan xa non aparece recollido, parece sensato e conveniente que os centros teñan deseñado un plan  de  integración  das TIC  que  as  incorpore  como  un  recurso  metodolóxico  máis  aos procesos  de  ensino-aprendizaxe  e  como  evidencia  da  adaptación  á  realidade  e  para  o mellor  aproveitamento  das  posibilidades  que  as  tecnoloxías  da  información  e  a comunicación ofertan.