TELÉFONOS 988 42 20 14 - 629 75 60 08
AXUDAS LIBROS TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2024 - 2025
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2024-2025
No DOG DO 20 de maio de 2024, saiu publicada a Orde do 07 de maio de 2024 (EXTRACTO) pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/2025.
NORMAS XERAIS
O Prazo de presentación de solicitudes será do 21 de maio ao 21 de xuño.
Só se presentará unha única instancia para todos os fillos e fillas admitidos no mesmo centro para o curso 2024/2025. As solicitudes pódense presentar das seguintes formas:
- Presentándoas no centro: recollendo o modelo na secretaría do centro ou cubríndo a solicitude Anexo I e o Anexo II na Aplicación Fondolibros imprimíndoa xerando así un número de solicitude e presentándoas no propio centro.
- Presentándoas direntamente na Sede Electrónica da Xunta de Galicia a través do seguinte enlace:
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR
-Anexo I (deberá vir asinada polos dous proxenitores)
-Anexo II para a comprobación dos membros computables da unidade familiar, agás o solicitante.:
+ Copia do libro de familia., onde figures os membros computables da unidade familiar.
+ En caso de separación ou divorcio deberase achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.
+ Certificado acreditativo do grao de discapacidade.
AXUDA
Adxunto | Tamaño |
---|---|
fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar.pdf | 388.25 KB |