Reserva de praza curso 2024-2025 (Só alumnado de 6º de Ed.Primaria)

Atendendo ao Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros que imparten as ensinanzas de 2ºciclo de Educación Infantil, de Educación Primaria, de Educación Secundaria Obligatoria e de Bacharelato, comezamos o prodecemento de admisión para o curso académico 2024/2025.

O alumnado de 6º de Educación Primaria que queira continuar estudos no centro de adscrición IES Castro de Baronceli, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe (CEIP O Castiñeiro) entre o 15 de xaneiro e o 5 de febreiro de 2023 o modelo normalizado (ED550A) facilitado polo centro.

No seguinte enlace poden descargar o modelo de solicitude

Nota da Inspección Educativa: A reserva de praza ten carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitudes de admisión noutro centro. 

AdxuntoTamaño
ED550A-G_0.pdf1.23 MB